Ahmet Davutoğlu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahmet Davutoğlu
Nacemento26 de febreiro de 1959
Lugar de nacementoTaşkent
NacionalidadeTurquía
RelixiónSunnismo
Alma máterUniversidade Boğaziçi e Istanbul High School
OcupaciónDiplomático, político, científico político, pedagogo, escritor e profesor.
CónxuxeSare Davutoğlu
Na rede
Facebook: A.Davutoglu Twitter: Ahmet_Davutoglu Instagram: ahmet_davutoglu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ahmet Davutoğlu, nado en Konya o 26 de febreiro de 1959, é un académico, político e diplomático turco que é primeiro ministro de Turquía desde o 28 de agosto de 2014 e líder do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) desde o 27 de agosto de 2014. Anteriormente fora ministro de relacións internacionais entre 2009 e 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse no İstanbul Erkek Lisesi, recoñecido por Alemaña como Deutsche Auslandsschule (escola Internacional alemá) e estudou logo na Facultade de Economía e Ciencia Política da Universidade Boğaziçi en Istambul. Realizou un grao de mestrado en administración pública e un doutoramento en ciencia política e relacións internacionais. Entre 1993 e 1999, Davutoğlu traballou na Universidade de Marmara, converténdose en profesor titular en 1999. Foi presidente do Departamento de Relacións Internacionais na Universidade de Beykent en Istambul. Entre 1995 e 1999, escribiu columnas semanais para xornal Yeni Şafak.

Por decisión conxunta do presidente Ahmet Necdet Sezer e do primeiro ministro Abdullah Gül recibiu o título de embaixador en 2003.[1]

Escribiu en inglés Alternative Paradigms: The Impact of Islamic and Western Weltanschauungs on Political Theory, The Civilizational Transformation and The Muslim World e en turco Stratejik Derinlik e Küresel Bunalım.

Asesor do primeiro ministro[editar | editar a fonte]

Davutoğlu foi asesor xefe de política internacional de Recep Tayyip Erdoğun ao se converter este en primeiro ministro, desenvolvendo a nova política internacional do seu partido, para lograr un papel máis destacado do seu país no Oriente Medio. A súa posición como asesor coincidiu coa invasión norteamericana de Iraq de 2003. Mostrouse contrario en 2007 á entrada de tropas norteamericanas no norte de Iraq polo reforzamento que podería supor para os movementos separatistas kurdos presentes na zona.[2]

Posicións en política internacional[editar | editar a fonte]

Nos seus artigos para Yeni Şafak e no libro Stratejik Derinlik desenvolveu o que se coñece como doutrina Davutoğlu na que aposta por reconstruír e manter relacións estreitas cos antigos territorios do Imperio Otomán por medio dunha política coñecida como neootomanismo.[3]. Outro punto forte da súa visión exterior é o panislamismo, no cal ve o islam como un factor unificador do Oriente Medio.[4] En contraste con estas dúas visións, Davutoğlu tamén defendeu un política prooccidental, de apoio á OTAN e de defensa da integración de Turquía na Unión Europea.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "T.C Resmî Gazete, 18 de xaneiro de 2008". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2010. Consultado o 07/10/2015. 
  2. "Davutoğlu, Kuzey Irak'a dokundurtmuyor", Haber 7
  3. Daloğlu, Tulin. "Davutoğlu Invokes Ottomanism as new Mideast Order". Al Monitor. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2014. 
  4. " Davutoglu, Neo-Osmanlici degil Pan-Islamist". Taraf. 23 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2014. Consultado o 07 de outubro de 2015. 
  5. "Rusya'yı izole etme lüksümüz yok". SoL. Consultado o 10 de setembro de 2014.