Ahmad Sa'adat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAhmad Sa'adat

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) أحمد سعدات Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Al-Bira (Ocupação da Cisjordânia e de Jerusalém Oriental pela Jordânia) Editar o valor em Wikidata
Secretario Xeral Frente Popular para a Libertação da Palestina (pt) Traducir
3 de outubro de 2001 –
← Abu Ali Mustafa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAbu Ghassan Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFrente Popular para a Libertação da Palestina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Ahmad Sa'adat (tamén transliterado do árabe como Ahmad Saadat), nado en 1953, é un político palestino, secretario xeral da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP).

Sa'adat tornouse secretario xeral da FPLP en outubro de 2001, sucedendo a Abu Ali Mustafa despois do seu asasinato polo exército israelí. Foi encarcerado en Xericó pola Autoridade Nacional Palestina (ANP) en 2002, canda a outros cinco palestinos. O 14 de marzo de 2006, forzas israelís atacaron o cárcere e secuestraron a Sa'adat, enviándoo á prisión de Hadarim, posteriormente trasladárono á prisión de Asqelan en réxime de confinamento solitario[1], e dende agosto de 2009 permanece na prisión de Ramon, no deserto de Nagab[2], so custodia israelí. O 25 de decembro de 2008 foi condenado a 30 anos de cadea por liderar unha "organización terrorista ilegal" e pola súa responsabilidade en tódalas accións realizadas por dita organización[3].

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Coincidindo coa chegada de Sa'adat á secretaría xeral da FPLP, produciuse o asasinato do ministro de turismo israelí Rehavam Zeevi, o 17 de outubro de 2001. Ahmad refuxiuse nos cuarteis da Muqata'a, e Yasser Arafat negouse a entregalo a Israel. Despois de negociacións entre os Estados Unidos de América, o Reino Unido e as partes en conflito (Israel e a Autoridade Nacional Palestina), chegouse ó acordo de levanta-lo sitio da Muqata'a, e encarcerar a Sa'adat en Xericó baixo custodia estadounidense e británica, após un xuízo militar.

A Corte Suprema palestina declarou o encarceramento anticonstitucional e ordenou a súa liberación, mais a ANP recusou obedecer por temor a que forzas israelís o asasinaran. Amnistía Internacional fixo público un documento no que pedía a liberación de Sa'adat por non ser acusado formalmente de ningún delito e ter recibido un xuízo inxusto.[4] O 14 de marzo de 2006 os observadores británicos e estadounidenses retiráronse da prisión de Xericó, e inmediatamente esta foi cercada polas tropas israelís[5], na chamada Mivtza Hava'at Bikurim. A operación levou dez horas, nas que os reclusos (preto de 300) ían rendíndose ós poucos[6]. Sa'adat e os outros cinco prisioneiros que Israel pescudaba foron os derradeiros en se entregaren[7][8]. Na Cidade de Gaza produciuse unha manifestación de 15 000 persoas a prol da FPLP, e na contra de Israel, Estados Unidos e mais Reino Unido[7].

Unha vez producido o secuestro de Sa'adat e os outros cinco palestinos, o líder da FPLP pasou por distintos cárceres, en ocasións en confinamento solitario. O 25 de outubro de 2008 foi finalmente condenado a 30 anos de cadea. O 22 de outubro de 2009 foi condenado a 6 meses máis de cárcere en confinamento solitario[9].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]