Saltar ao contido

AgustaWestland AW169

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AgustaWestland AW169
FabricanteLeonardo S.p.A.
Primeiro voo10 de maio de 2012
Introducido2015
Produción2015-presente

O AgustaWestland AW169 é un helicóptero bimotor de 10 asentos desenvolvido e fabricado pola división de helicópteros de Leonardo (anteriormente AgustaWestland, fusionada en Finmeccanica dende 2016).[1] Foi deseñado para utilizar un alto grao de compatibilidade cos máis grandes AgustaWestland AW139 e AgustaWestland AW189.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 2010 AgustaWestland anunciou formalmente no Farnborough International Air Show que o AW169 estaba sendo desenvolvido. Segundo a compañía, o AW169 de 4,5 toneladas é un helicóptero lixeiro-intermedio bimotor para operacións utilitarias; para diminuír os custos operacionais potenciais no principio do proceso de deseño tomouse a decisión de compartir moitos elementos e a configuración de cabina do máis grande AgustaWestland AW139.[2][3] En 2011 o goberno británico proporcionou un préstamo de 33 millóns de dólares para o programa de desenvolvemento do aparello.[4] En 2012 a Unión Europea aprobou un préstamo por 19 anos de 272 millóns de euros sen intereses do goberno italiano para que AgustaWestland financiase o desenvolvemento do AW169.[5]

O 10 de maio de 2012 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea.[6][7] O programa de probas foi levado a cabo por un total de catro prototipos; o segundo e o terceiro uníronse ao programa de probas en 2012 e o cuarto en 2013. AgustaWestland anticipou que o AW169 recibiría o seu certificado de voo no ano 2014,[8] e planeaba que os exemplares de produción entrasen en servizo en 2015.[9] O 15 de xullo de 2015 a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) emitiu a súa certificación para o AW169.[10][11]

En novembro de 2015 un prototipo foi enviado a varios lugares de California para probas de voo a baixa e grande altitude para conseguir a certificación da Federal Aviation Administration (FAA) estadounidense.[12] En febreiro de 2016 o AW169 obtivo a certificación da FAA, permitindo as entregas do modelo posteriormente nese mesmo ano.[13]

En 2012 AgustaWestland dixo que estaba planeando producir o AW169 nas súas instalacións de Yeovil, Inglaterra; o deseño e fabricación de varios compoñentes como as palas do rotor, caixas de cambios, e o centro de conexións do rotor de cola realizounos a rama británica de AgustaWestland.[4][14] En xaneiro de 2015 comezou a montaxe do primeiro AW169 de produción na fábrica de AgustaWestland en Vergiate, Italia; o modelos iniciais foron fabricados nese lugar.[10][15] En 2015 tamén comezou a fabricación nunha segunda liña en Filadelfia, Estados Unidos; planeouse aumentar a taxa de produción na planta estadounidense ata os 20 aparellos por ano en 2017.[16][17] Porén, en outubro de 2016 anunciouse que Leonardo, a nova marca de AgustaWestland, decidira abandonar os traballos de fabricación do tipo nos Estados Unidos.[18]

  1. Kington, Tom (2016-03-19). "Finmeccanica Reshapes Its Name, Business". Defense News (en inglés). Consultado o 2022-09-03. 
  2. "Super-medium helicopters close on certification". FlightGlobal. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  3. "Rotary rebound". FlightGlobal. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Demand Spurs AgustaWestland To Open U.S. Line For AW169". AINonline. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  5. "Commission authorises France and Italy to grant aid to Eurocopter and Agusta Westland for the development of a new generation of civil helicopters". European Comission. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  6. "INAER Signs Contract for Ten AW169 Helicopters". AgustaWestland. Archived from the original on 21 de marzo de 2012. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  7. "New Generation AW169 Helicopter Completes Its Maiden Flight". AgustaWestland. Archived from the original on 15 de maio de 2012. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  8. "AgustaWestland AW169 Takes Off". Rotor & Wing. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  9. "AgustaWestland unveils 'game-changing' AW169". FlightGlobal. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "AgustaWestland AW169 Gets Nod from EASA". AINonline. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  11. "AW169 achieves EASA certification with Liebherr technology on board". Liebherr. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  12. "AW169 Flies Altitude Tests in California". Rotor & Wing. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  13. "AW169 helicopter achieves FAA validation". Verical. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  14. "AgustaWestland brings civil rotorcraft to UK factory as military options dry up". FlightGlobal. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  15. "AgustaWestland Starts AW169 Production". AINonline. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  16. "AgustaWestland to build AW609 in Philadelphia". AINonline. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  17. "AgustaWestland's AW169". Business Jet Traveller. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  18. "Leonardo drops plans for AW169 production in USA". FlightGlobal. Consultado o 2 de novembro de 2018.