Agustín Sienra
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xullo de 1999 Capitán Bermúdez |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | Arxentina |
| Deporte | fútbol |
Agustín Sienra, nado en Capitán Bermúdez o 14 de xullo de 1999, é un futbolista arxentino que xoga como defensa central no Castellón, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras de Defensores Santa Catalina, Newell's Old Boys e Defensa y Justicia. A finais de 2020 deu o salto ao primeiro equipo deste último, debutando nun encontro ante Central Córdoba o 29 de novembro. Entre 2021 e 2023 xogou cedido no Villa San Carlos primeiro e no San Martín de San Juan despois, conseguindo con este último o ascenso á Primeira División.[1][2]
O 7 de xullo de 2025 deu o salto ao fútbol europeo, asinando polo Castellón, da Segunda División española.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Club Atlético Villa San Carlos" (en castelán). 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
- ↑ "Agustín Sienra asciende a Primera División con San Martín de San Juan" (en castelán). 10 de decembro de 2024. Consultado o 19 de febreiro de 2026.
- ↑ "Agustín Sienra, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 7 de xullo de 2025. Consultado o 19 de febreiro de 2026.