Agustín Rodríguez Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Agustín (futbolista)»)
Agustín
Información persoal
Nome Agustín Rodríguez Santiago
Nacemento 10 de setembro de 1959 (64 anos)
Lugar de nacemento Marín
Altura 1,92 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1975–1978 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1980 Castilla 49 (0)
1980–1990 Real Madrid 76 (0)
1990–1994 Tenerife 55 (0)
Total 180 (0)
Selección nacional
1978 España sub-18 6 (0)
1979 España sub-19 3 (0)
1979–1980 España sub-20 5 (0)
1978–1982 España sub-21 11 (0)
1980–1982 España sub-23 2 (0)
1979–1980 España afeccionado 3 (0)
1981 España B 1 (0)
Na rede
FIFA: 194801 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Agustín Rodríguez Santiago, nado en Marín o 10 de setembro de 1959, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro e pasou a maior parte da súa carreira no Real Madrid, co que gañou seis ligas, dúas Copas do Rei, dúas Supercopas e dúas Copas da UEFA. Na tempada 1982/83 gañou o trofeo Zamora como porteiro menos goleado da Primeira División. Xogous os seus últimos anos como profesional no Tenerife.

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española e participou nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova. É sobriño do tamén porteiro Pereira, que destacou entre outros no Pontevedra e no Valencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguiu os pasos no fútbol de seu tío Pereira e comezou a xogar de porteiro.[1] Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid e pasou ao primeiro equipo na tempada 80-81, estreándose na primeira división o día 4 de abril de 1981 contra a UD Salamanca por mor dunha lesión de Mariano García Remón, o porteiro titular do equipo.

Entre 1981 e 1983 xogou con regularidade, conseguindo o trofeo Zamora na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesar dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de Miguel Ángel, Ochotorena e Francisco Buyo. Volvería recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de Ochotorena, chegando a xogar dous partidos da Copa da UEFA, un deles o da final contra o 1. FC Köln, no que o Real Madrid gañou 5-3.

Agustín deixou o equipo ao remate da tempada 89-90 e fichou co CD Tenerife. Durante os seus catro anos no mesmo o equipo clasificaríase por ver primeira para unha competición europea (a Copa da UEFA).

Retirouse no ano 1994 despois de xogar 131 partidos en primeira división, e tras o seu retiro foi adestrador de porteiros durante un breve período de tempo no CD Tenerife.

Participou coa selección española nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova. Foi un dos dous gardametas do combinado español, xunto a Paco Buyo, e disputou o partido contra Siria no Estadio Dinamo de Minsk (1-1).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Roig, Alex (27 de agosto de 1982). "Pereira: "Fichando por el Atlético pierdo dinero, pero gano en ilusión"". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  2. "España - Siria 1980". FIFA (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]