Mazarico rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Agulla colipinta")
Mazarico rubio
Bar-tailed Godwit.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Limosa'
Especie: ''L. lapponica''
Nome binomial
'Limosa lapponica'
(Linnaeus, 1758)

O mazarico rubio (Limosa lapponica) é unha ave limícola.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras. É un pouco máis pequeno que o mazarico rabinegro ao que se asemella.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.

Distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Zelandia, ocasionalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.

En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.

  1. BirdLife International (2012). "Limosa lapponica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.