Aguiño, Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguiño
Aguiño e Sálvora
ConcelloRibeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°31′26″N 9°01′07″O / 42.52388889, -9.01861111Coordenadas: 42°31′26″N 9°01′07″O / 42.52388889, -9.01861111
Poboación2.870 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Nosa Señora do Carme de Aguiño[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo, o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.435 mulleres e 1.440 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.

A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

Esta parroquia posúe un xentilicio, aínda que constatado de forma serodia, que é aguiñense[2].

Historia[editar | editar a fonte]

O 9 de maio de 1959 segregouse Aguiño da parroquia de Carreira por Decreto Arcebispal de Quiroga Palacios[3]. O seu primeiro párroco foi Francisco Lorenzo Mariño (Paco de Aguiño). En 1960 comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Brochón e que foi o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego[4]. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, que oficiou ese día a súa primeira misa en galego. O templo, máis largo que longo, presenta unha disposición moi funcional. Nel caben 500 persoas.

Festas gastronómicas[editar | editar a fonte]

Desde 1997 celébrase no mes de xullo a festa do percebe[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Aguiño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Aguiño no concello de Ribeira (A Coruña)

Aguiño | O Carreiro | Os Castelos | A Catía | A Cerca | Couso | A Covasa | A Cruz de Aguiño | O Lagarto | Listres | As Pedras Miúdas | Penisqueira | O Pinar de Martín | Rascacú | A Ribeira | O Robalo | Sálvora | A Tasca | Trasporto

Parroquias de Ribeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Quiles, Fernando Cabeza. "Toponimia de Ribeira". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-25. 
  3. "3 de xaneiro de 2009". El Correo Gallego. 
  4. "Aguiño pasó a ser una parroquia". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2018. 
  5. "Festa do percebe". Deputación da Coruña. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]