Aguas de Fontoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°14′03.03″N 7°34′29.29″O / 43.2341750, -7.5748028

AGUAS DE COSPEITO, S.L.U
TipoSociedade Limitada Unipersoal
MatrizBegano
LocalizaciónEstrada do Pino (LU-1702), km. 1,2 27377 Cospeito Lugo Galicia Galicia
IndustriaAuga
ProdutosAuga Mineral Natural
editar datos en Wikidata ]

Aguas de Fontoira é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Cospeito (Lugo). A empresa é propiedade de Begano, empresa fabricante de Coca-Cola en Galiza. O manancial de Fontoira foi declarado como mineral natural pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia o 21 de outubro de 1992.

Augas de Fontoira comercializa dende marzo de 2004 a súa auga baixo a marca Aquabona manancial de Fontoira. Coca-Cola ten en España tres mananciais que venden auga baixo a marca Aquabona: Santolín (Burgos), Fuenmayor (Teruel) e Peña Umbría (Valencia).

A empresa ten certificacións:

  • ISO 9001 (calidade)
  • ISO 14001 (medio ambiente)
  • OHSAS 18001 (seguridade laboral)
  • FSSC 22000 (seguridade alimentaria)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]