Agrixento - Agrigento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Lorenzo
Tempio della Concordia

Agrixento, Agrigento en italiano. Cidade capital da provincia de Agrixento, Sicilia, Italia. 55.000 habitantes.
O nome oficial da cidade foi Girgenti ata 1927, nome este co que é coñecida en lingua siciliana.
Fundada co nome de Akragas por gregos procedentes de Xela, orixinarios da illa de Rodas e de Creta no 580 a.C, foi unha das colonias máis importantes da Magna Grecia. No ano 406 a.C. os cartaxineses guiados por Aníbal destruíron a cidade case totalmente. No ano 210 a.C. tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do imperio romano co nome de Agrigentum.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Agrixento - Agrigento