Saltar ao contido

Agrius convolvuli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agrius convolvuli

Agrius convolvuli


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Sphingidae
Xénero: 'Agrius'
Especie: ''A. convolvuli''
Nome binomial
'Agrius convolvuli'
(Linnaeus, 1758)
Mapa de distribución:
     Durante todo o ano      Posible distribución estacional
Mapa de distribución:      Durante todo o ano      Posible distribución estacional

Mapa de distribución:      Durante todo o ano      Posible distribución estacional
Sinonimia
  • Sphinx convolvuli Linnaeus, 1758
  • Protoparce orientalis Butler, 1876

A Agrius convolvuli é unha bolboreta nocturna da familia Sphingidae. Atópase en Europa, África, Asia e Australia, especialmente nas zonas meridionais do continente.[1] É unha especie migratoria que pode atoparse en Galicia.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A envergadura das súas ás vai dende 80 a 105 mm., a coloración básica é en tons agrisados, pero o abdome ten unha ampla franxa dorsal gris e rosa e bandas negras con bordos brancos nos lados. AS ás posteriores son de cor gris claro con amplas liñas escuras cruzadas. Ten un corpo firme e poderoso.[3] A súa cor básica é agrisada, cun debuxo máis escuro no corpo e nas ás. O abdome ten dúas filas de manchas regulares a cada banda en cores moi delicadamente marcadas, rosa, branca e negra. Pero estas manchas non son visibles cando o animal se atopa en posición de repouso. Entón pode camuflarse perfectamente sobre a cortiza dunha árbore ou nun muro de pedra.[4]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A femia pon os ovos nas follas do xénero Convolvulus, de aquí o seu nome latino Agrius convolvuli.

As eirugas son de coloración moi variada, marrón, branca e verde. Como as eirugas doutras esfinxes, son relativamente grandes e teñen un apéndice similar a un corno na zona caudal.[5] Comen as follas de diferentes especies de varias familias: Araceae, Convolvulaceae, Leguminosae e Malvaceae.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Agrius convolvuli - Ciclo vital completo. Arquivado 26 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. Catálogo de los Sphingidae(Lepidoptera) de Galicia(en castelán)
  3. Agrius convolvuli Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. African Moths - Agrius convulvuli Arquivado 01 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
  5. "Convolvulus hawkmoth". Sphingidae of the Eastern Palaearctic species list. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2016.
  6. Michael Chinery, Collins Guide to the Insects of Great Britain and Western Europe