Agostino Beccari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agostino Beccari
Nacementovalor descoñecido
 Ferrara
Falecemento2 de agosto de 1590
 Ferrara
Ocupaciónescritor, poeta e dramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Agostino Beccari, nado posibelmente en 1510 e finado en 1590, foi un poeta italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Ferrara, escribiu Il sacrificio que se representou no Palacio Schifanoia de Francisco de Este en Ferrara o 11 de febreiro de 1554 con música de Alfonso della Viola. Esta obra está considerada o primeiro drama pastoril completo da literatura europea[Cómpre referencia]. Beccari recolleu a tradición da poesía pastorial latina que recuperou o Renacemento pero seguindo a complexa estrutura da comedia erudita. A obra editouse en 1555 e saíu do prelo unha segunda edición revisada en 1587.