Agnusdéi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O agnusdéi (do latín Agnus Dei, "Cordeiro de Deus") era o nome que se lle daba a unha moeda castelá de billón con mestura de prata que fixo labrar o rei Xoán I de Castela (1379-1390).[1]

Tiña no anverso a inicial do nome do príncipe e a lenda "Agnus Dei Qui Tolis" e no reverso o cordeiro de San Xoán o Bautista e a lenda Pecata Mundi miser. Valía un marabedí, é dicir, nove diñeiros, aínda cando non pesaba senón tres. Mais o seu valor baixouse en 1837 a seis diñeiros. A lei e o peso dela variaron segundo os tempos compoñendo xa un real de prata, xa cinco destas moedas, xa dez, xa dezasete.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. agnusdéi no dicionario da RAE