Agnes Ibbetson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agnes Ibbetson
Nome completoAgnes Thomson
Nacemento1757
 Londres, Reino Unido
Falecementofebreiro de 1823
 Exmouth, Reino Unido
NacionalidadeInglesa
OcupaciónFisioloxía vexetal
editar datos en Wikidata ]

Agnes Ibbetson, nada en Londres en 1757 e finada en Exmouth en 1823, foi unha fisióloga vexetal inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Londres en 1757 e foi filla de Andrew Thomson Esq. de Roehampton, un mercador da cidade. 

En 1783 casou en Bushey, Hertfordshire con James Ibbetson, fillo maior do reverendo James Ibbetson D.D., reitor e arquidiácono de St. Albans.

O seu marido James foi un avogado e anticuario afeccionado ao que o Lincoln's Inn admitiu en 1771 e que faleceu en 1790 aos 35 anos, deixando viúva a Agnes.

Despois do falecemento de James, Agnes mudouse a Devon onde viviu o resto da súa vida. Faleceu en febreiro 1823 en Exmouth ós 66 anos. O seu sobriño foi Charles Poulett Thomson, un político que se converteu no primeiro gobernador de Canadá.[1]

Traballo[editar | editar a fonte]

Cyclopia meyeriana do xénero Cyclopia, antes chamado Ibbetsonia.

A pesar do seu illamento da comunidade científica da época, Ibbetson comezou a publicar a súa fisioloxía das plantas aos 50 anos. O seu traballo baseouse principalmente na observación e experimentación.[2] Ibbetson usou unha gran gama de microscopios, disección de plantas, e outras tecnoloxías para realizar os seus estudos, e creu que as funcións das plantas posuían explicacións mecánicas.[3] Entre 1809 e 1822, Ibbetson contribuíu con máis de 50 publicacións a Nicholson's Journal e Philosophical Magazine acerca da estrutura microscópica e fisioloxía das plantas. No departamento de botánica do Museo Británico presérvanse algúns espécimes do bosque e algunhas placas microscópicas que preparou, con descricións manuscritas que representan vinte e catro anos de traballo e pon de manifesto a súa crenza errónea de que os brotes se orixinan endoxenamente e forzan o seu camiño cara a fóra.[4]

Legado[editar | editar a fonte]

O xénero Ibbetsonia foi dedicado por John Sims na súa memoria, pero agora é considerado idéntico ao xénero Cyclopia de Ventenat.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Agnes Ibbetson". www.oxforddnb.com. Consultado o 11-10-2016. 
  2. "Oxford DNB article: Ibbetson, Agnes". www.oxforddnb.com. 
  3. "Flora Feministica: Reflections on the Culture of Botany" (PDF). 
  4.  Boulger, George Simonds (1891). "Ibbetson, Agnes". En Sidney Lee. Dictionary of National Biography (en inglés) 28. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972. [Gent. Mag. 1823, i. 474; Rees's Cyclopædia.] .
  5. "Agnes Ibbetson". International Plant Names Index. Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.). 
  6. Charters, Michael L. "G-K: Agnes Ibbetson". Plant Names. calflora.net. Consultado o 13 de outubro de 2010.