Agathe Uwilingiyimana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agathe Uwilingiyimana
Uwiringiyimana Agathe.png
Nacemento23 de maio de 1953
Lugar de nacementoButare
Falecemento7 de abril de 1994
Lugar de falecementoKigali
Causaferida por arma de fogo e asasinato
SoterradaNational Heroes Cemetery in Rwanda
NacionalidadeRuanda
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Nacional de Ruanda e Lycée Notre-Dame de Cîteaux
Ocupaciónpolítica e mestra
CónxuxeIgnace Barahira
Na rede
WikiTree: Uwilingiyimana-1
editar datos en Wikidata ]

Agathe Uwilingiyimana, nada en Nyaruhengeri o 23 de maio de 1953 e finada en Kigali o 7 de abril de 1994, tamén coñecida como Madame Agathe[1] foi unha científica e política ruandesa. Ocupou o cargo de Primeira Ministra entre o 18 de xullo de 1993 e o seu asasinato o 7 de abril de 1994, durante o xenocidio de Ruanda.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Agathe Uwilingiyimana naceu na localidade de Nyaruhengeri ao sur da provincia ruandesa de Butare[2] no seo dunha familia de granxeiros.[3]

Estudou na escola secundaria Notre Dame des Cîteaux e obtivo o certificado para ensinar humanidades en 1973. Continuou cos estudos de posgraduado en matemáticas e química, despois dos que se converteu en mestra de escola en Butare en 1976. En 1983, dedicouse a dar clases de química na Universidade Nacional de Ruanda en Butare. Recibiu un B.Sc. en 1985, e ensinou química durante catro anos nas escolas académicas de Butare. Foi criticada polos tradicionalistas por promover o estudo das matemáticas e das ciencias entre as estudiantes.[4]

Uwilingiyimana casou cun compañeiro de secundaria, Ignace Barahira, en 1976, mais mantivo o seu apelido de solteira. O seguinte ano naceu o primeiro dos seus cinco fillos.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Militante do Movemento Democrático Republicano (MDR), asumiu o cargo como primeira ministra de Ruanda o 18 de xullo de 1993, sendo a primeira muller en ocupar o posto. Participou xunto ao goberno do presidente Juvénal Habyarimana nas negociacións coa Fronte Patriótica Ruandesa (FPR), unha guerrilla liderada por persoas tutsi. As conversas levaron á sinatura dos Acordos de Arusha en agosto de 1993, poñendo fin temporalmente á guerra civil ruandesa.

O 6 de abril de 1994, o presidente Habyarimana foi asasinado despois de que descoñecidos derribasen con mísiles o avión que o transportaba. O magnicidio desatou unha vaga de violencia en Kigali. Horas máis tarde, tropas leais a Habyarimana enfrontáronse a Uwilingiyimana e ás tropas internacionais da Misión de Asistencia das Nacións Unidas para Ruanda (UNAMIR). A primeira ministra foi violada e asasinada,[5] mentres que dez soldados belgas foron torturados e executados (cinco soldados de Ghana de UNAMIR foron liberados previamente). Os sucesos do 7 de abril desataron posteriormente o xenocidio ruandés, que acabou coa vida de entre 500 000 e dous millóns de ruandeses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Grünfeld, Frederik; Huijboom, Anke (2007). The Failure to Prevent Genocide in Rwanda: The Role of Bystanders (en inglés). Martinus Nijhoff Publishers. ISBN 978-90-04-15781-1. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Newton, Michael (17 de abril de 2014). Famous Assassinations in World History: An Encyclopedia [2 volumes] (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-61069-286-1. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  3. Hoogensen, Gunhild; Solheim, Bruce O. (2006). "Agathe Uwilingiyimana". Women in Power – Women Leaders Since 1960. Praeger Publishing. p. 48–50. ISBN 0-275-98190-8. 
  4. New Times
  5. Off 2010, p. 56.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]