Agathe Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agathe Mella
Nacemento1 de setembro de 1909
Lugar de nacemento6th arrondissement of Lyon
Falecemento6 de agosto de 2003
Lugar de falecementoGaillon
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónlocutora de radio
editar datos en Wikidata ]

Agathe Mella, de nome orixinal Léonie Marie Jacqueline Cordier, nada no 6º distrito de Lión o 11 de setembro de 1909 e finada en Gaillon o 6 de agosto de 2003, foi unha personalidade da radio francesa. Incorporouse á Radiodiffusion Nationale tras a Segunda Guerra Mundial e participou na reestruturación da Radiodiffusion-Télévision Française.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agathe Mella casou en 1935 en Neuilly-sur-Seine co británico Antoine "Tony" Mella, futuro tenente da Resistencia francesa e deseñador da cruz da Liberación e da Medalla da Resistencia Francesa.[1] Ela mesma participou na Resistencia dende a radio.[2]

Foi a primeira muller encargada da programación en París-Inter (1955-1968). Traballou principalmente cos produtores Jean Chouquet, François Billetdoux, Jean Garretto, Jose Artur e Roland Dhordain. Segundo este último,

"grazas a ela, os fundadores de France Inter lograron que o proxecto tivese éxito".

En 1973 foi nomeada directora de France Culture. Foi a primeira personalidade e, amais, a primeira muller en ostentar este cargo. Posteriormente traballou na Office de radiodiffusion-télévision française, no departamento de asuntos exteriores. Até 2001 estivo a cargo dos arquivos da historia da RTF, a ORTF e Radio France.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Musée de la resistance en ligne". museedelaresistanceenligne.org. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  2. "Agathe Mella, première femme directrice d'une chaîne de radio". Le Monde. Consultado o 4 de marzo de 2022. .
  3. "Agathe Mella, première femme nommée directrice de Paris-Inter". Consultado o 4 de marzo de 2022. .