Agamí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agamí
No National Aviary
No National Aviary
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Psophiidae
Xénero: 'Psophia'
Especie: ''P. crepitans''
Nome binomial
'Psophia crepitans'
Linnaeus, 1758

O agamí ou agamí de ás brancas (Psophia crepitans L.) é unha ave da orde das gruiformes (Gruiformes) e familia dos psofíidos (Psophiidae) que habita no norte da conca do Amazonas, en Colombia, Venezuela, Brasil, as Güianas e o NE de Perú.[2]

De entre 48 a 56 cm de lonxitude e peso medio de 1,3 kg, o seu pescozo é longo, así como as súas patas, e a plumaxe é negra con reflexos azuis.[2][3]

É un ave gregaria, que fai o seu niño nos ocos das árbores, poñendo as femias 3 ou 4 ovos brancos, que chocan todos os membros dun grupo de cinco ou máis paxaros.

Alimétanse de insectos e froitas.[4]

Os amerindios utilízano para cazar serpes e como sentinela, especialmente dos patos, xa que é doado de domesticar.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Psophia crepitans". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Holyoak, David; Colston, P. R. (2003). "Trumpeters". En Chris Perrins. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. p. 213. ISBN 1-55297-777-3. 
  3. Archibald, George W. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. Merehurst Press (London). p. 98. ISBN 1-85391-186-0. 
  4. Hilty, Steven L.; Brown, William L. (1986). A Guide to the Birds of Colombia. Princeton University Press. p. 134. ISBN 0-691-08371-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Agamí

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]