Agadir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Agadir - اكادير")

Coordenadas: 30°26′N 9°36′O / 30.433, -9.600

Agadir
اكادير‎
ⴰⴳⴰⴷⵉⵔ
Agadir Areal view cropped.jpg
Vista de Agadir
Localización
Agadir en Marrocos
Agadir
Agadir
País Flag of Morocco.svg Marrocos
Rexión Souss-Massa-Drâa
Xeografía
Altitude 74 msnm
Demografía
Poboación 615 229 hab. (2012)
Densidade hab/km²
Outros datos
Alcalde Tariq Kabbage (USFP)
agadir.ma

Agadir (en amazigh: Agadir, ⴰⴳⴰⴷⵉⵔ, "graneiro fortificado", e en árabe: اگادير‎) é unha cidade no suroeste de Marrocos, a carón do océano Atlántico. O nome da cidade vén dunha palabra bérber que significa cornixa. No ano 2003 tiña 720 000 habitantes. É o centro turístico e comercial dunha rexión rica en cobalto, manganeso e cinc. Ten porto e co aeroporto de Al Massira.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada por portugueses en 1513, quedou baixo control marroquino en 1541, despois dun sitio de máis de seis meses, nominalmente baixo o Imperio Otomán, constituíu unha vila aberta aos occidentais.

En 1911 a chegada dun canoneiro alemán ao porto provocou a denominada crise de Agadir entre Francia e Alemaña.

Agadir foi case totalmente destruída por un terremoto o 29 de febreiro de 1960, morrendo máis de 15 000 persoas. Foi reconstruída a 2 km ao sur da antiga cidade, nun estilo arquitectónico europeo mesturado co tradicional árabe marroquino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]