Saltar ao contido

Afra Torrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAfra Torrado
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1997 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Bamio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante, poeta Editar o valor en Wikidata

Sitio webvirgulinha.fala.gal Editar o valor en Wikidata
Instagram: odarrot BNE: XX6540333 Dialnet: 4433181 Tebeosfera: torrado_afra Editar o valor en Wikidata

Afra Torrado, quen naceu en Bamio (Vilagarcía de Arousa) o 15 de xuño de 1997, é unha persoa autora de banda deseñada e poeta galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e Deseño e Xestión da Produción Gráfica no CIFP Montecelo. Gañou un accésit nos Premios Literarios Minerva, na categoría de narrativa con A danza da Mosca no 2015. Nese mesmo ano, acadou o primeiro posto na IX edición do Certame de poesía Xela Arias. Publicou varias obras de poesía nas revistas Dorna e Ligeia.

Coordina dende 2015 xunto con Rocío Martínez o fanzine Infumable, enfocado na poesía e ilustración, e é unha das cofundadoras da non-editorial Leite Edicións dende o ano 2018.

No ano 2023 publicou o seu primeiro cómic Fago o que podo coa editorial Rodolfo e Priscila, co que gañou os Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de banda deseñada ao ano seguinte.

  • Caracolas (2014). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Cuspe (2015). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Bragas (2015). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Poema Urxente (2016). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Nas cidades (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado
  • Ruralidade Foleira (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Allo (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Agullas (2018). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Crucifixión (2018). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Escaparate (2020). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Narvais (2021). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Wok King (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.

Banda deseñada

[editar | editar a fonte]
  • Señora Barbuda (2018). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Distopía (2019). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado.
  • Señora Barbuda 2 (2020). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Manual Neofalante (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Señora Barbuda 4 (2024). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Eu x dentro (2022). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Facer un fanzine (se nunca fixeches un) (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.
  • Memoria de prácticas (2024). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.

Banda deseñada

[editar | editar a fonte]
  • Fago o que podo (2023). Santiago de Compostela: Rodolfo e Priscila. ISBN: 9788412785203.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • No seu despregar (2016). A Coruña: Apiario. ISBN: 9788494321078.
  • Poesía Galega Novísima (2020). Barreiro: Urutau. ISBN: 978-65-5900-003-4.
  • Entre Leiras e Labores (2022). Barreiro: Urutau. ISBN: 9786559003679.
  • Cartas do Inferno (2024). Ourense: Edicións Baixo Terra (fanzine).
  • 1º Accésit XLIII Premios Literarios Minerva 2015 por A danza da Mosca.
  • IX edición do Certame de poesía Xela Arias 2015.
  • Premios Follas Novas 2024 por Fago o que podo.[1]
  1. "Gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024". editorasgalegas.gal. 11 de maio de 2025. Consultado o 16 de xuño de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]