Afonso Reis Cabral
Afonso Reis Cabral | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1990 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Nacionalidade | Portugal |
Alma máter | Universidade Nova de Lisboa |
Ocupación | escritor e editor |
Premios | Prémio Literário José Saramago |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Afonso Reis Cabral, nado en Lisboa o 31 de marzo de 1990, é un escritor e editor portugués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a escribir poesía aos 9 anos, publicando o seu primeiro libro de poesía aos 15 anos, Condensação.[1]
Fixo os seus estudos no Porto, primeiro no Colexio Cedros e despois na Escola Secundaria Rodrigues de Freitas. Licenciouse en Estudos Portugueses e Lusófonos pola Universidade Nova de Lisboa, onde obtivo igualmente o mestrado en Estudos Portugueses.[2] Até 2017 foi revisor e editor en varias editoras, sendo o último na Editorial Presença.[3] Foi bolseiro do Centro da História da Cultura.[4]
Foi dúas veces á Alemaña en camión TIR en busca dunha historia, a primeira delas aos trece anos. Traballou nunha vacaría, nun escritorio de turismo e nun alfarrabista. Traballa tamén como editor freelancer. Nos tempos libres, dedícase á ornitoloxía, fai Scuba Diving e practica boxeo.[5]
Obras publicadas[editar | editar a fonte]
Escribe á man, nun caderno, e só despois pasa todo para computador.[6]
- Condensação (2005). Reúne poemas que escribiu entre os nove e os quince anos.[7]
- O Meu Irmão (2014). BIS. Publicado en Italia e Brasil. Coa morte dos pais, é preciso decidir con quen fica Miguel, o fillo de 40 anos que naceu con síndrome de Down.
- Pão de Açúcar (2018). Dom Quixote. Sobre o Caso Gisberta en febreiro de 2006 no Porto.[8]
- Leva-me contigo (2019). Dom Quixote. Entre abril e maio de 2019, percorreu Portugal a pé ao longo dos 738,5 quilómetros da Estrada Nacional 2, tendo rexistratado esa viaxe no libro Leva-me Contigo.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2014: Premio LeYa, por O Meu Irmão.
- 2017: Premio Europa David Mourão-Ferreira na categoría de Promesa.
- 2018: Premio Novos na categoría de Literatura.
- 2019: Premio Literario José Saramago, por Pão de Açúcar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Up Magazine – TAP Portugal » Afonso Reis Cabral – O escritor e os instintos". upmagazine-tap.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-11.
- ↑ "Afonso Reis Cabral. Eça árvore genealógica não explica tudo". Jornal Expresso (en portugués). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ Queirós, Luís Miguel. "Afonso Reis Cabral vence Prémio Leya com “O Meu Irmão”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ Fidelizarte. "Afonso Reis Cabral". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ "Afonso Reis Cabral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ Revista E n.º (2421), 23 de Março de 2019. A caneta é mais poderosa que a espada, páx. 94.
- ↑ "Afonso Reis Cabral. Eça árvore genealógica não explica tudo". Jornal Expresso (en portugués). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ Rodrigues, Catarina Marques. "Gisberta, 10 anos depois: a diva transexual que acabou no fundo do poço". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-11.