Afonso Pita da Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Afonso Pita da Veiga ou Alonso Pita da Veiga, nado en Ferrol cara o ano 1480, foi un dos militares máis brillantes e destacados do reino de Galicia a comezos do século XVI. Morreu a mediados do século XVI.

Escudo do reino de Galicia ilustrado no L'Armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560.

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

Segundo fillo do rexedor de vila ferrolá, Pedro Morado e de María Fernandes da Veiga, Afonso Pita da Veiga adquiriu gran sona no exército galego dirixido e liderado por Fernando de Andrade polas súas intervencións nas guerras italianas acontecidas entre os anos 1513 e 1525.

Batalla de Pavía[editar | editar a fonte]

O seu feito máis memorable foi a captura no campo de batalla do rei Francisco I de Francia durante a batalla de Pavía, motivo polo que recibiu do emperador Carlos V numerosas terras e propiedades na comarca de Trasancos nos arredores de Ferrol, así como o dereito a exhibir no seu escudo familiar, as flor de lises propias da monarquía francesa.

Recoñecemento real[editar | editar a fonte]

O 24 de xullo de 1529 o emperador Carlos V emitíu unha distinción para Afonso Pita da Veiga por "los buenos y leales servicios que Vos, Alonso Pita da Veiga, gallego, nuestro vasallo, nos habeis hecho en todas las guerras que se han ofrecido".