Afonso I, Duque de Braganza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afonso I, Duque de Braganza
Afonso first Duke of Braganza.png
Nacemento10 de agosto de 1377
 Estremoz
Falecemento15 de decembro de 1461
 Chaves
NacionalidadePortugal
Relixióncristianismo
Ocupaciónaristócrata
PaiXoán I de Portugal
NaiInês Pires
CónxuxeBeatriz Pereira Alvim
FillosFernando I, Duque de Bragança, Afonso de Bragança, Marquês de Valença e Isabel de Barcelos
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra e Xoán, Infante de Portugal
editar datos en Wikidata ]

Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primitivo estado e patrimonio dos Braganza formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel Nuno Álvares Pereira (1360-1431) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente Pedro, con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano 1442. Os descendentes foron Duques de Guimarães o 23 de novembro de 1470 e de Barcelos o 5 de agosto de 1562.

Durante o reinado de Duarte tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a Tánxer. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona Leonor e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En 1442 este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de Coímbra a Pedro e o de Viseu para Henrique)

Casamento e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en Leiria en 8 de novembro de 1401 con Brites ou Beatriz Pereira de Alvim (1380-1412) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel Nuno Álvares Pereira e Leonor Alvim, morta en 1 de novembro de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:

En 1420, casou con Constanza de Noreña, filla de Afonso de Gijón e Noreña, fillo de Henrique II de Castela, pero non tivo fillos.

O seu neto en sexta xeración, Xoán II de Braganza, seria despois o rei Xoán IV de Portugal.