Afonso Becerra de Becerreá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Afonso Becerra Arrojo»)
Infotaula de personaAfonso Becerra de Becerreá

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

Facebook: Afonso.Becerra.de.Becerrea LinkedIn: afonso-becerra-de-becerreá-48338146 AELG: 301 Editar o valor em Wikidata


Afonso Becerra Arrojo, coñecido como Afonso Becerra de Becerreá, nado en Becerreá o 16 de abril de 1973, e un dramaturgo e director de escena galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramática na Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias.[1] Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[2]

Dirixiu a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá entre 1988 e 2016, onde desenvolveu diversas iniciativas relacionadas coa literatura galega e o teatro, como son as Noites Poéticas e o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa.

En 2009 fundou, xunto á directora de escena Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro.[1] Pertence ao Consello de Redacción da Erregueté e director da Revista Galega de Teatro[3]. É colaborador da revista ARTEZ e de El Periódico de las Artes Escénicas y Visuales ARTEZBLAI, tamén realiza colaboracións esporádicas na revista Primer Acto e en Tempos Novos. Foi membro da AICT (Asociación Internacional de Crítica Teatral), da ADE (Asociación de Directores de Escena). Do 2006 ao 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Publicacións en revistas[editar | editar a fonte]

  • Diálogo para cuatro sillas e . “Estreno. Cuadernos del teatro español contemporáneo”. Vol. XXXII, No. 2. Outono 2006. Ohio Wesleyan University. Delaware, Ohio. Estados Unidos. (ISSN: 0097-8663)
  • Rexurdimento. Visións dun cego. “Revista Galega de Teatro” Nº 46. A. C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra, 2006. (ISNN: 113-956 X).
  • Unha rosa entre as pernas. “Casahamlet. Revista de Teatro” Nº 9. Deputación da Coruña, 2007. (D.L.: C-1152-1999).
  • Burnig Bright. “Infoxove” Nº 32, decembro 2008. Xunta de Galicia. (ISSN: 1886-3035).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Álvaro Cunqueiro en 2001, por Agnus Patris, obra coa que tamén foi finalista no Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura nese mesmo 2001.
  • Finalista na modalidade de Teatro dos Premios de AELG no 2008, por Crio-Xénese.
  • Premio María Casares á Mellor Versión/Tradución pola obra O principio de Arquímedes, de Josep María Miró Coromina, en 2016.
  • Mención Honrosa no Premio Internacional de Jornalismo Carlos Porto do Festival de Almada (Portugal) en 2020.
  • Premio de Honra do FETEGA, Festival de Teatro Galego do Carballiño, Ourense, en 2020.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Afonso Becerra de Becerreá". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-04. 
  2. "Galaxia de autores". web.archive.org. 2009-12-18. Archived from the original on 18 de decembro de 2009. Consultado o 2022-06-04. 
  3. "Afonso Becerra de Becerreá Através Editora área editorial da AGAL" (en portugués). Consultado o 2022-06-04. 
  4. "Edicións Laiovento - PANDRAMA". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-04. 
  5. "HISTORIA DA DANÇA CONTEMPORÂNEA NA GALIZA". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2022-06-04. 
  6. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  7. "Alfonso Becerra de Becerreá recibe o Premio FETEGA 2020". Diario Cultural. 2020-09-22. Consultado o 2022-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]