Afogado (xadrez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En xadrez, o afogado é unha situación que se produce cando o xogador de quen é a quenda non ten xogadas legais para realizar e o rei non se atopa en estado de xaque. É dicir, o rei non pode moverse a outras casas porque quedaría en posición de xaque ou porque están ocupadas por pezas propias ou pezas alleas que están defendidas, e ademais o xogador non ten outras pezas que poidan moverse ou capturar a pezas adversarias. A isto tamén se lle coñece como táboas por rei afogado.

Durante os finais, o afogado é un recurso que pode permitir empatar nunha posición inferior. En posicións máis complexas onde hai moitas pezas, apenas hai situacións onde o afogado poida darse.

Así mesmo é un tema común na composición de estudos de finais e outros problemas de xadrez.

Historia do regulamento do afogado[editar | editar a fonte]

As regras para o afogado foron bastante polémicas a través da historia. Aínda que hoxe en día un afogado é aceptado universalmente como un empate, este non foi o caso en gran parte da historia do xadrez. Nos inicios do xadrez moderno, o afogado era unha vitoria para aquel xogador ao que lle tocase mover. Esta práctica persistiu no xadrez ata os principios do século XV. Con todo, o afogado foi considerado como unha vitoria inferior cando se xogaba por diñeiro só se conseguía recibir a metade do apostado, e así continuou en España hata finais do século XVI. As regras en Inglaterra desde o século XVII ata o século XIX consideraban ao afogado como partida perdida para aquel xogador que lle tocaba iniciar o xogo, regra de xogo que eminentes historiadores de xadrez atribúen ao xadrez ruso. Esta norma desaparece en Inglaterra antes de 1820, sendo substituída polo regulamento francés e italiano, onde o afogado considérase un empate.

Asumindo que o negro foi afogado ao longo da historia, un afogado foi considerado:

  • Vitoria para o branco no século X en Arabia e gran parte da Europa medieval.
  • Media vitoria para o branco nun xogo de apostas, o branco gaña a metade do apostado (Século XVIII España).
  • Vitoria para o negro No século IX en India e no século XVII en Rusia e no centro de Europa e desde o século XVII e XVIII en Inglaterra. Explicando as razóns para esta regra dise que: "Aquel que pon ao seu rei adversario nun afogado, perde o xogo porque desnaturalizou o curso natural do xogo que soamente debe terminar cun gran xaque mate". Esta regra continuou sendo publicada en Hoyle's Games Improved ata fins de 1866. Murray escribiu en 1913: "A regra seguía aparecendo en edicións posteriores a 1857 e atopábame con xente que argumentaba que esa norma estaba vixente".
  • Xogada ilegal: se o branco facía un movemento que puña ao negro en situación de afogado, entón debía retractarse e facer un movemento distinto a aquel (no leste asiático ata principios do século XX). Murray tamén escribiu no Xadrez Indio e Xadrez persa, dous do tres principais formas de xogar xadrez alá polo ano 1913, que a un xogador non lle é permitido facer un movemento que coloque ao seu opoñente nunha posición de afogado. A mesma regra aplícase ao xadrez birmano. Por aqueles tempos o afogado non estaba permitido na maioría de países deste asiático (especificamente en Birmania, India, Xapón e Siam) ata principios do século XX.
  • O negro perde a súa quenda de mover nalgunhas partes de Francia medieval.
  • Un empate: esta regra estableceuse en Italia do século XIII, posteriormente en Alemaña do século XV, aínda que algúns xogadores dáballe un trato equivalente a un xaque mate. Finalmente esta regra adoptouse por toda Europa, pero non en Inglaterra ata chegado o século XIX por Jacob Sarratt.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]