Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Aespa (en hangul, 에스파;romanización revisada do coreano, Eseupa;McCune-Reischauer, Esŭp'a; estilizado como aespa ou æspa) é un grupo feminino surcoreano formado por SM Entertainment. O grupo consta de catro integrantes: Karina, Giselle, Winter e Ningning. Debutaron o 17 de novembro de 2020, co sinxelo Black Mamba.[1][2]
Aespa é notable por introducir o concepto de metaverso e explorar o xénero musical hyperpop no K-pop. Grazas a isto, converteuse nun dos grupos femininos con máis éxito de Corea do Sur, con recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional.[3][4] O seu regreso co sinxelo Next Level en maio de 2021 foi un éxito comercial, chegando á segunda posición en listas como Circle e K-pop Hot 100 en Corea. Aespa gañou varios premios importantes, incluíndo "Canción do ano" nos Korean Music Awards e Melon Music Awards. En outubro de 2021, lanzaron o seu primeiro miniálbum, Savage, e o seu sinxelo principal do mesmo nome. O EP converteuse no álbum debut dun grupo feminino de K-pop coa posición máis alta na listas Billboard 200 dos Estados Unidos no número 20, mentres alcanzou o número dous en Corea do Sur e marcou a súa primeira entrada no top 40 na Billboard Global 200.
En xullo de 2022, Aespa lanzou o seu segundo EP Girls, que rompeu o récord do álbum máis vendido da historia por un grupo de K-pop feminino e converteuse no primeiro en vender un millón de copias na primeira semana de lanzamento. Tamén debutou co número tres nas listas do Billboard 200, tendo o seu primeiro álbum no top 10 nos Estados Unidos. O seu terceiro EP, My World foi lanzado en maio de 2023, alcanzando máis de dous millón de vendas e converténdose no seu segundo álbum top 10 no Billboard 200. En maio de 2024, o grupo lanza o seu primeiro álbum de estudio, titulado Armageddon. Isto foi precedido polo éxito comercial do seu sinxelo " Supernova", que se converteu na primeira canción do grupo na lista Circle Digital Chart, encabezando a lista durante once semanas, ademais do seu primeiro éxito no top 10 nas listas Billboard Global (excluíndo Estados Unidos). En outubro do 2024, a canción principal co mesmo nome do quinto EP de Aespa Whiplash converteuse no seu primeiro éxito no top 10 do Billboard Global 200 na posición número oito.
Ningning foi presentada como parte do grupo de adestramento SM Rookies de SM Entertainment o 19 de setembro de 2016. Durante o seu tempo neste equipo, participou no segmento «Rookies Princess: Who's the Best?» do programa My SMT en 2016 e gravou varios covers para o programa surcoreano Shining Star en 2017.[5]
Karina estivo catro anos adestrando na empresa antes de debutar. Durante o seu tempo como aprendiz, apareceu no videoclip da canción «Want» de Taemin, o seu compañeiro de axencia, en febreiro de 2019, e posteriormente actuou xunto a el en varios programas musicais.[6] Karina tamén participou xunto a Kai nunha presentación para o showcase virtual de colaboración de SM Entertainment e Hyundai, Beyond Drive.[7]
O logotipo de Aespa tamén foi revelado ao final do videoclip «One (Monster & Infinity)» de SuperM.[8]
O seu nome é unha combinación de «æ», que significa «Experiencia Avatar X», e «aspecto», que significa «dous lados», e simboliza «encontrar o outro eu» e «experimentar un novo mundo».[9]
↑Lee Yoo-min (20 de setembro de 2016). "SM루키즈, 중국 출신 새 멤버 2인 공개 '기대'". TV Daily(en coreano). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-17.
↑Ham Young-hoon (7 de decembro de 2021). "에스파 등 K스타 가상 제페토 공연, 한국매력 알린다" [K-star virtual ZEPETO performance, such as Aespa, to promote Korean charm]. Herald Economy(en coreano). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021– vía Naver. 영화 '아바타' 같은 느낌의 K팝 스타 에스파 리더 카리나 등 멤버들이 진짜 아바타의 모습으로 확장 가상세계에서 공연한다. [Members such as K-pop star Aespa leader Karina, who feel like the movie 'Avatar', perform in an expanded virtual world in the form of real avatars.]