Saltar ao contido

Aeroporto de Xibraltar

Aeroporto de Xibraltar
Xibraltar Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Gibraltar Airport (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Estado de uso
 Edificio adxacente
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Inauguración
1939 Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
09/27
lonxitude: 1.778 m
amplitude: 150 m
material: formigón asfáltico
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
   3,7 m Editar o valor en Wikidata
 Clientela
437.172 (2025)
424.386 (2024)
473.803 (2023)
446.187 (2022)
262.522 (2021)
186.069 (2020)
491.405 (2019)
440.988 (2018)
571.184 (2017)
548.230 (2016)
444.336 (2015)
415.103 (2014) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF296762147 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06nlml Editar o valor en Wikidata
IATAGIB Editar o valor en Wikidata
ICAOLXGB Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Aeroporto de Xibraltar (en inglés: Gibraltar Airport ou North Front Airport) (IATA: GIB, OACI: LXGB) é un aeroporto internacional que se atopa no istmo que une a colonia británica de Xibraltar con España. Atópase a uns 500 metros do centro de Xibraltar e a unha distancia similar do centro de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz.

Ten unha pista única de 1 829 metros de lonxitude e é a única do mundo que está atravesada ao mesmo nivel por unha estrada, a N-351. En 2006, pasaron polo aeroporto 330 057 pasaxeiros e 348 toneladas de carga.

Foi construído durante a segunda guerra mundial e inaugurado en 1949, aínda que só como base de emerxencia para o Exército británico. O 2 de decembro de 1987, grazas a un acordo entre os gobernos británico e español, acordouse o uso civil da instalación, que non foi posto en práctica ante a oposición das autoridades xibraltareñas. Os avións con orixe e destino Xibraltar non podían entrar no espazo aéreo español.

En 2006, un novo acordo firmado en Córdoba entre o Reino Unido, o Goberno de Xibraltar e España terminou coas, ata entón, restricións ao uso civil do aeroporto, permitindo tamén voos con España. O 16 de decembro dese ano un avión de Iberia procedente de Madrid-Barajas aterrou no aeroporto, poñendo fin así a anos de conflito.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
British AirwaysLondres-Heathrow
easyJetBristol, Londres-Gatwick, Manchester
Monarch AirlinesLondres-Gatwick, Londres-Luton, Manchester
Estacional: Birmingham
Royal Air Maroc ExpressCasablanca, Tánxer

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]