Saltar ao contido

Aeroporto de Trivandrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Trivandrum
Thiruvananthapuram (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Imaxe
 Estado de uso
Implicados
 Operador/a
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
14/32
lonxitude: 3.400 m
material: asfalto
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
 4 m Editar o valor en Wikidata
 Clientela
 330173 (decembro de 2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/023jh_ Editar o valor en Wikidata
IATATRV Editar o valor en Wikidata
ICAOVOTV Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ThiruvananthapuramAirport Twitter: TRV_Airport_Off Instagram: thiruvananthapuramairport Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O aeroporto internacional de Trivandrum (IATA: TRV, OACI: VOTV) é un aeroporto indio que serve principalmente ás cidades de Trivandrum, Nagercoil, Kanyakumari e Kollam. É o primeiro aeroporto do estado de Kerala e foi o quinto aeroporto internacional do país en 1991. O aeroporto é unha base secundaria para Air India Express.

A súa terminal atópase a 3,7 quilómetros ao oeste do centro da cidade, a 16 da praia de Kovalam beach, a 13 do parque tecnolóxico de Thiruvananthapuram e a 21 do porto internacional de Vizhinjam en construción. Hai voos cara ao Oriente Medio e o sueste asiático dende este aeroporto.

Ademais das operacións civís, o aeroporto de Trivandrum é usado pola Forza Aérea da India e a Garda Costeira para as súas operacións estratéxicas. A Forza Aérea ten unha plataforma exclusiva para as súas operacións. O aeroporto tamén é o fogar da Rajiv Gandhi Academy for Aviation Technology que leva a cabo actividades de adestramento para pilotos.[1]

En Trivandrum atópase a unidade de mantemento, revisión e reparación dos avións de fuselaxe estreita de Air India, formada por dous hangares xemelgos onde se traballa con Boeing 737, servindo principalmente á frota de Air India Express.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Air ArabiaSharjah
Air IndiaBangalore, Chennai, Delhi, Kochi, Malé, Bombai, Riad, Sharjah
Air India ExpressAbu Zabi, Chennai, Doha, Dubai-Internacional, Kochi, Kozhikode, Mascate, Salalah, Sharjah
EmiratesDubai-Internacional
Etihad AirwaysAbu Zabi
flydubaiDubai-Internacional
Gulf AirBahrain
IndiGoAhmedabad, Bangalore, Chennai, Delhi, Dubai-Internacional, Goa, Hyderabad, Imphal, Kochi, Calcuta, Bombai, Sharjah
Kuwait AirwaysKuwait
MaldivianHanimaadhoo, Malé
Malindo AirKuala Lumpur-Internacional
Oman AirMascate
Qatar AirwaysDoha
SaudiaJeddah, Riad
SilkAirSingapur
SpiceJetBangalore, Chennai
SriLankan AirlinesColombo
AeroliñasDestinos
Blue Dart AviationAhmedabad, Bangalore, Chennai, Coimbatore, Delhi, Hyderabad, Bombai
FitsAirColombo
Qatar Airways CargoColombo, Doha
SriLankan CargoColombo
Saudia CargoDammam, Hong Kong, Riad
Emirates SkyCargoDubai-Al Maktoum, Hong Kong
  1. Rajiv Gandhi Academy (ed.). "About us". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 7 de maio de 2018.