O aeroporto de Laguindingan(IATA: CGY,OACI: RPMY) é o principal aeroporto que serve ás cidades filipinas de Cagayan de Oro e Iligan, ademais das provincias de Misamis Oriental e Lanao del Norte. Está situado en Barangay Moog, Laguindingan, a 46 quilómetros de Cagayan de Oro e 57 de Iligan. Foi inaugurado en xuño de 2013 e substituíu o aeroporto de Lumbia.[1] O aeroporto de Lumbia agora é unha base militar da Forza Aérea de Filipinas.