Aeroporto de Komatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Komatsu
Komatsu Hikōjō

Komatsu airport terminal building.jpg

IATA: KMQ – ICAO: RJNK
Sumario
Tipo militar/público
Operador Prefectura de Ishikawa/JASDF
Cidade/Illa Prefectura de Ishikawa
Elevación (msnm) 7 metros / 22 pés
Coordenadas 36°23′38″N 136°24′27″L / 36.39389, -136.40750Coordenadas: 36°23′38″N 136°24′27″L / 36.39389, -136.40750
Web https://www.komatsuairport.jp
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 1 700 8 858 formigón
Estatísticas (2015)
Pasaxeiros 1 844 117[1]

O aeroporto de Komatsu (IATA: KMQOACI: RJNK) é un aeroporto internacional xaponés situado a 4,2 quilómetros ao oeste da estación de Komatsu, na prefectura de Ishikawa. É o aeroporto máis grande da rexión de Hokuriku e serve ao sur da prefectura de Ishikawa, incluída a súa capital, Kanazawa, Fukui, e a parte norte a predectura de Fukui.

A Base Komatsu (小松基地 Komatsu Kichi) da Forza Aérea de Autodefesa do Xapón comparte a pista coas operacións civís; a pista de rodaxe do lado interior é usada pola Forza Aérea, e a do lado do mar e usada por avións civís. A base celebra un festival aéreo cada mes de setembro, con voos de demostración de cazas e avións de rescate, así como unha demostración do equipo acrobático Blue Impulse. O "Espazo aéreo G" é un gran espazo aéreo de adestramento sobre o mar de Xapón ao norte da base.

O aeroporto ten unha única terminal de pasaxeiros, que serve tanto aos voos domésticos como aos internacionais. A súa terminal de carga internacional, coñecida como HIACT (Hokuriku International Air Cargo Terminal), é propiedade dun consorcio de entidades gobernamentais e corporativas que ten como obxectivo servir como centro de distribución para carga procedente de Europa e outros continentes.[2]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos Ref
All Nippon Airways Sapporo-Chitose, Toquio-Haneda
Cathay Dragon Chárter: Hong Kong [3]
All Nippon Airways
operado por ANA Wings
Fukuoka
China Eastern Airlines Shanghai-Pudong
EVA Air Taipei-Taoyuan
Ibex Airlines Fukuoka, Sendai, Toquio-Narita
Japan Airlines Toquio-Haneda
Japan Airlines
operado por Japan Transocean Air
Naha
Korean Air Seul-Incheon
Tigerair Taiwan Taipei-Taoyuan (comeza en xaneiro de 2018)

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Cargolux Dubai, Hong Kong, Luxemburgo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio do Territorio, Infraestruturas, Transporte e Turismo do Xapón (ed.). "Informes do estado da xestión do aeroporto" (PDF). Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  2. Komatsu Airport (ed.). "Outline of HIACT". Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "Cathay Dragon plans Komatsu charters in 2Q17". Consultado o 9 de xaneiro de 2018.