Aeroporto de Iloílo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Iloílo
Pangkalibutan nga Hulugpaan sang Iloilo
Paliparang Pandaigdig ng Iloilo

Iloilo Airport Exterior.jpg

IATA: ILO – ICAO: RPVI
Sumario
Tipo público
Operador Autoridade da Aviación Civil de Filipinas
Cidade/Illa Iloílo
Localización Cabatuan
Elevación (msnm) 8 metros / 27 pés
Coordenadas 10°49′58″N 122°29′36″L / 10.83278, -122.49333Coordenadas: 10°49′58″N 122°29′36″L / 10.83278, -122.49333
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
02/20 2 500 8 202 formigón asfáltico

O aeroporto internacional de Iloílo (IATA: ILOOACI: RPVI), tamén coñecido como aeroporto de Cabatuan,[1] polo municipio onde está situado, ou tamén aeroporto de Santa Barbara polo municipio próximo do mesmo nome,[2] é o aeroporto que serve á provincia filipina de Iloílo, incluída a Cidade de Ioílo, o centro de goberno da rexión de Visayas Occidental. Iniciou os seus servizs comerciais o 14 de xuño de 2007 tras unha década de planificación e construción, substituíndo ao aeroporto de Mandurriao, no centro da cidade, que estivo operativo durante máis de 70 anos. O novo aeroporto herdou os códigos IATA e OACI do vello, ademais da súa posición como cuarto aeroporto máis concorrido de Filipinas.[3] É o primeiro aeroporto tanto da rexión de Visayas Occidental como da illa de Panay construído segundo os estándares internacionais e está considerado a principal porta de entrada á zona.[4]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air Juan Cuyo, Sipalay
Cebu Pacific Cagayan de Oro, Cebú, Davao, General Santos, Hong Kong, Manila, Puerto Princesa, Singapur
Cebu Pacific
operado por Cebgo
Cebú, Cagayan de Oro
Philippine Airlines
operado por PAL Express
Cebú, General Santos, Manila
Philippines AirAsia Clark,[5] Manila[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Minicipality of Oton (ed.). "How To Get Here". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. U.S. Navy (ed.). "U.S. Navy Ships On Station To Support Armed Forces of the Philippines". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  3. Explore Iloilo (ed.). "Iloilo International Airport". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  4. SunStar (ed.). "Aquino assures Iloilo airport as main gateway of W. Visayas". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. SunStar (ed.). "AirAsia adds 3 domestic flights from Clark Airport". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  6. Business World Online (ed.). "Corporate News AirAsia to add Manila-Iloilo flights in Sept.". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.