Aeroporto Internacional de Pequín-Capital
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital 北京首都国际机场
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Beijing Capital International Airport Company Limited | ||
Cidade/Illa | Pequín | ||
Elevación (msnm) | 35 metros / 116 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
18L/36R | 3 810 | 12 500 | asfalto |
18R/36L | 3 445 | 11 302 | asfalto |
01/19 | 3 810 | 12 500 | cemento |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 94 393 000 | ||
Movemento de avións | 606 086 |
O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.
O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.
Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.
Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Vén sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial.[1] En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.[1]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "31 March 2014 Preliminary world airport traffic and rankings 2013". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air China plans Astana launch in June 2017". Consultado o 10 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Business Traveller (ed.). "Air China to fly Brisbane-Beijing direct from December 2017". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ aerochita.ru (ed.). "Авиакомпания Air China возобновляет рейсы из Читы". Consultado o 1 de maio de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air China resumes Zurich service from June 2017". Consultado o 1 de maio de 2018.
- ↑ https://www.nknews.org/2017/04/air-china-to-renew-beijing-pyongyang-service-on-may-5/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274397/american-opens-los-angeles-beijing-bookings-for-nov-2017-launch/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/272430/beijing-capital-revises-lisbon-launch-to-late-july-2017/
- ↑ "Beijing Capital adds Macau service from July 2017". routesonline. Consultado o 13 June 2017.
- ↑ http://fijisun.com.fj/2016/02/02/300-tourists-to-arrive-on-first-beijing-nadi-charter-flight-today/
- ↑ "Hainan Airlines schedules Belgrade Sep 2017 launch". routesonline. Consultado o 21 July 2017.
- ↑ "Nok Air delays Beijing launch to June 2017". routesonline. Consultado o 28 April 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274856/philippine-airlines-plans-cebu-beijing-nov-2017-launch/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/252527/united-adds-guam-beijing-charters-in-feb-2016/
- ↑ Liu, Jim (2 June 2017). "Ural Airlines expands China - Thailand flights from July 2017". Routesonline. Consultado o 2 June 2017.
- ↑ "Etihad Crystal Cargo Schedule" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 01 de decembro de 2017.