Aeroporto Internacional de Osaca
Aeroporto Internacional de Osaca | ||||
---|---|---|---|---|
Toyonaka, Ikeda e Itami ![]() | ||||
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | aeroporto internacional, aeroporto e aeródromo de tráfico comercial ![]() | |||
Parte de | three Kansai airports (en) ![]() ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Kansai Airports (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Arquitecto/a | Yasui Architects & Engineers (en) ![]() ![]() | |||
Clientela
| ||||
Datas | ||||
Inauguración | 17 de xaneiro de 1939 ![]() | |||
Transporte | ||||
Ofrece servizo a | Osaca ![]() | |||
Pistas de aterraxe | 14R/32L lonxitude: 3.000 m amplitude: 60 m material: asfalto 14L/32R lonxitude: 1.828 m amplitude: 45 m material: asfalto ![]() | |||
Código IATA | ITM ![]() | |||
Código ICAO | RJOO ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Osaka Airport case (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Toyonaka, Ikeda e Itami ![]() | |||
Altitude | 15 m ![]() | |||
Bañado por | Ina River (en) ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Premios |
| |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Fontes e ligazóns | ||||
Páxina WEB | osaka-airport.co.jp ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Aeroporto Internacional de Osaca (大阪国際空港 Ōsaka Kokusai Kūkō) (IATA: ITM, ICAO: RJOO) ou Aeroporto Internacional de Osaca-Itami é o principal aeroporto doméstico da rexión xaponesa de Kansai, que inclúe as grandes cidades de Osaca, Kyoto e Kobe. Está clasificado como un aeroporto de primeira clase.
Adoita a chamarse Aeroporto de Itami (伊丹空港 Itami Kūkō) debido a que a meirande parte do mesmo está situado en Itami, na prefectura de Hyōgo. O complexo da terminal está localizado en Toyonaka, na prefectura de Osaca, e o único acceso dende o lado de Itami é a través dun longo túnel que pasa por debaixo da pista de aterraxe e da plataforma. Unha parte da propiedade do aeroporto é de Ikeda, Osaca.
A pesar da súa designación de "internacional", o seu tráfico de pasaxeiros é totalmente doméstico. O Aeroporto Internacional de Kansai (a 43 quilómetros) fíxose cargo dos voos internacionais de Osaca en 1994 e compite con el polo tráfico doméstico. Osaca tamén compite co Aeroporto de Kobe (a 26 km), un pequeno aeroporto doméstico aberto en 2006, aínda que ese ano o aeroporto foi o máis usado da rexión e o 3º do Xapón.
Durante o ano 2010 o aeroporto tivo un movemento de 62 293 avións (procedentes de 32 cidades). O número total de pasaxeiros foi de 14 193 277, e o volume de carga de 125 736 toneladas métricas.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
All Nippon Airways | Fukuoka, Hakodate, Kagoshima, Kumamoto, Miyazaki, Nagasaki, Naha, Sapporo-Chitose, Sendai, Toquio-Haneda, Toquio-Naritaa Estacional: Kushiro |
All Nippon Airways operado por ANA Wings |
Akita, Aomori, Fukuoka, Fukushima, Kōchi, Matsuyama, Niigata, Oki, Ōita, Shizuoka, Toquio-Narita Estacional: Iwami |
All Nippon Airways operado por Ibex Airlines |
Fukuoka, Fukushima, Niigata, Ōita, Oki, Sendai |
Amakusa Airlines | Kumamoto |
Japan Airlines | Amami Ōshima, Naha, Sapporo-Chitose, Toquio-Haneda, Toquio-Narita Estacional: Asahikawa, Memanbetsu |
Japan Airlines operado por J-Air |
Akita, Aomori, Fukuoka, Hakodate, Hanamaki, Izumo, Kagoshima, Kumamoto, Matsuyama, Misawa, Miyazaki, Nagasaki, Niigata, Ōita, Sendai, Yamagata Estacional: Matsumoto |
Japan Airlines operado por Japan Air Commuter |
Izumo, Oki, Tajima, Yakushima Estacional: Tanegashima |
Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
ANA Cargo | Toquio-Haneda, Naha |