Aerénquima
O aerénquima ou parénquima aerífero [1] ou lagoas (lacunae), é unha modificación do parénquima que forma un tecido esponxoso que crea espazos ou canles de aire nas follas, talos e raíces dalgunhas plantas, o cal permite realizar o intercambio de gases entre o talo e a raíz.[2] As canles cheas de cavidades de aire (ver imaxe á dereita) proporcionan unha vía interna de baixa resistencia para o intercambio de gases como o oxíxeno, dióxido de carbono e etileno entre a parte da planta que está por riba do nivel da auga e os tecidos mergullados. O aerénquima é tamén moi común en plantas acuáticas e de zonas húmidas que deben crecer en solos hipóxicos.[3][4]
A palabra "aerénquima" procede do latín modermo e deriva do latín aer, 'aire' e do grego enkhyma, 'infusión'.[5]
Formación do aerénquima e hipoxia
[editar | editar a fonte]O aerénquima (cavidades cheas de aire) pode ser de dous tipos segundo a súa orixe: lisíxeno e esquizóxeno. O aerénquima lisíxeno fórmase por apoptose de determinadas células corticais da raíz para formar cavidades cheas de aire. O aerénquima esquizóxeno fórmase por descomposición de substancias pécticas nas lamelas medias da parede celular coa consecuente separación das células.[6]
Cando os solos están asolagados, prodúcese un estado de hipoxia, xa que os microorganismos do solo consomen oxíxeno máis rápido que a difusión do mesmo. A presenza de solos hipóxicos é unha das características definitorias das zonas húmidas. Moitas plantas das zonas húmidas posúen aerénquima, e nalgunhas, como as Nymphaeaceae, hai un de fluxo de aire atmosférico a través das follas e rizomas.[7] Hai moitas outras consecuencias químicas da hipoxia. Por exemplo, a nitrificación queda inhibida, xa que se produce un nivel baixo de oxíxeno e fórmanse compostos tóxicos, a media que as bacterias usan nitrato, manganeso e sulfato como aceptores de electróns alternativos.[8] O potencial de oxidación-redución do solo diminúe e disólvense os óxidos metálicos como os de ferro e manganeso, aínda que a perda radical de oxíxeno permite a reoxidación destes ións na rizosfera.[9]
En xeral, o nivel baixo de oxíxeno estimula as plantas a producir etileno.[10]
Vantaxes
[editar | editar a fonte]As grandes cavidades cheas de aire proporcionan unha vía interna de baixa resistencia para o intercambio de gases entre os órganos da planta que están sobre a auga e os tecidos que están baixo a auga. Isto permite que as plantas crezan sen teren que pagar os custos metabólicos da respiración en condicións anaerobias.[11] Ademais, a degradación das células corticais durante a formación do aerénquima reduce o custo metabólico das plantas durante o estrés causado pola seca. Parte do oxíxeno transportado a través do aerénquima pérdese polos poros da raíz e pasa ao solo circundante. A pequena rizosfera resultante do solo oxixenado arredor de raíces individuais alberga microorganismos que preveñen o influxo de compoñentes do solo potencialmente tóxicos como o sulfuro, ferro e manganeso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez-Girón, Rafael; Pantanowitz, Liron; Martínez-Torre, Cristina (2020). "Plant material (aeriferous parenchyma and sclereid cells) mimicking mucormycosis in sputum cytology". Diagnostic Cytopathology (en inglés) 48 (12): 1309–1312. ISSN 1097-0339. PMID 32445261. doi:10.1002/dc.24474.
- ↑ Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London.
- ↑ Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p
- ↑ Kozlowski, T. T. (ed.) 1984. Flooding and Plant Growth. Orlando, FL: Academic Press.
- ↑ "parenchyma | Origin and meaning of parenchyma by Online Etymology Dictionary". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2021-07-14.
- ↑ Kacprzyk, Joanna; Daly, Cara T.; McCabe, Paul F. (2011). "The Botanical Dance of Death". Advances in Botanical Research 60: 169–261. ISBN 978-0-12-385851-1. doi:10.1016/B978-0-12-385851-1.00004-4. hdl:10197/3454.
- ↑ Dacey, J. W. H. 1980. Internal winds in water lilies: an adaptation for life in anaerobic sediments. Science 210: 1017–19.
- ↑ Patrick, W. H., Jr. and Reddy, C. N. 1978. Chemical changes in rice soils. In Soils and Rice, pp. 361–79. Los Baños, Philippines: International Rice Research Institute.
- ↑ Khan, N., et al. 2016. Root Iron Plaque on Wetland Plants as a Dynamic Pool of Nutrients and Contaminants. In Advances in Agronomy (Vol. 138, pp. 1–96). https://doi.org/10.1016/bs.agron.2016.04.002
- ↑ Reid, D.M.; Bradford, K.J. (1984). "6.2A Effects of Flooding on Synthesis, Metabolism, and Transport of Hormones: Ethylene". En Kozlowski, T. T. Flooding and Plant Growth. Orlando, Florida: Academic Press. pp. 196–200. ISBN 0-12-424120-4.
- ↑ Laing, H. E. 1940. Respiration of the rhizomes of Nuphar advenum and other water plants. American Journal of Botany 27: 574–81.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aerénquima |