Aepyornithidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aves elefante
Aepyornis maximus.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto dende século XVII
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Palaeognathae
Diversidade
2 xéneros, 7 especies
Especie tipo
Aepyornis maximus'
Hilaire, 1851
xénero|Xénero

As aves elefante (Aepyornithidae) son un clado de aves paleognatas extintas non voadoras endémicas de Madagascar.[1][2] A posición filoxenética destas aves segundo os últimos estudos moleculares é a do grupo irmán dos kiwis.[3]

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

Vista frontal dun esqueleto de Aepyornis.

Os rexistros fósiles, do mesmo xeito que as crónicas da época, sitúan ás aves elefantes como as segundas aves máis altas que pisen a terra, a primeira sería a moa, pois erguíase até os dous metros, podendo mesmo acadar os tres metros. Hai 85 millóns de anos xurdiu a liñaxe do Aepyornis, o “paxaro de elefante” de Madagascar, que foi a meirande ave que existiu. Aínda que é máis baixo que a especie de moa máis alta, un Aepyornis podería pesar arredor de 550 quilogramos e ter até 3 metros de altura e 2,3 metros de lonxitude.

De feito, o nome científico das aves elefante, en grego, significa “paxaro alto”. O peso roldaría a media tonelada. Isto último convertía á ave elefante na máis pesada que existiu xamais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2017. 
  2. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. Yale University Press, New Haven, Conn.
  3. Mitchell, K.J. et al. (2014) Ancient DNA reveals elephant birds and kiwi are sister taxa and clarifies ratite bird evolution. Science, 344(6186):898-900.