Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1798 Editar o valor em Wikidata
Yonne, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1869 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
X Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAbel de Pujol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAbel de Pujol Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy, nada en Tonnerre, Yonne en 1798, e finada en París en 1869, foi unha pintora francesa, alumna do pintor Abel de Pujol (1787-1861), que estudara con Jacques-Louis David. En 1856 casou con Abel de Pujol, converténdose na súa segunda esposa[1] cando el tiña 71 anos e ela 58. Coñecida polas súas pinturas de interiores e historicistas enmarcadas no estilo trobador, tamén ensinou ás alumnas do estudo de Pujol e foi considerada unha profesora comprometida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grandpierre-Deverzy expuxo baixo o seu apelido de solteira até a súa voda con Abel de Pujol, cando empezou a asinar como Adrienne de Pujol.

Debutou no Salón de París de 1822 co cadro O estudio de Abel de Pujol; esta obra foi unha das varias imaxes do estudio de Pujol que produciu ao longo da súa carreira.[2] Inspirada polo seu traballo de profesora no estudio de Pujol, este cadro mostra a Pujol falando dun lenzo mentres un grupo de novos estudantes de arte o rodean, outros traballan nos seus cadros, seleccionan pinturas e soñan espertos pola xanela. "Abundan as claves didácticas apropiadas a este xénero, entre as que se inclúen a modelo feminina vestida e sentada na esquina ao fondo á esquerda, copias de tres pinturas relixiosas identificables de Pujol, que se especializou nese xénero, e un estante de moldes de xeso cun torso espido masculino virado decorosamente, aínda que rebuldeiro, cara á parede."[1]

En 1836, pintou outra vista do Estudio de Abel de Pujol. Aquí o rostro de Pujol está oculto por un gran lenzo mentres pinta a unha modelo semiespida, afastada do público e da propia artista. Este xesto de modestia, así como a escultura masculina espida no fondo, cuxo brazo escurece os seus xenitais, son exemplos das limitacións impostas ás mulleres artistas debido aos costumes sociais e os condicionamentos morais do século XIX.[3]

Relacionada co estilo trobador, Grandpierre-Deverzy é coñecida polas súas pinturas narrativas que representan temas extraídos da historia e a literatura europea moderna. Tamén pintou interiores e temas literarios, incluíndo un cadro baseado en Quentin Durward de Walter Scott.[2] Outra escena histórica e literaria é a obra Cristina de Suecia ordena matar a Giovanni Monaldeschi, exposta no Chateau de Fontainebleau,[4] e unha escena da novela do século XVIII Las aventuras de Gil Blas de Santillana.[1]

O seu traballo exhibiuse con frecuencia nos salóns de París entre 1822 e 1855 e incluíu temas históricos, retratos e pinturas de xénero. Recibiu unha medalla de prata da Societé des amis des arts de Cambrai en 1828.

Posteridade[editar | editar a fonte]

O seu nome aparece no Dicionario Universal de Pierre Larousse en 1875.

A súa obra foi redescuberta a partir de 1976 con motivo da exposición universal «Women Artists: 1550–1950», que se celebrou nos Estados Unidos presentando os traballos de 83 artistas femininas europeas e americanas durante catro séculos.

A súa obra Retrato de muller con vestido branco[5] foi poxada en 2018.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Royalists to Romantics: Spotlight on Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy". Broad Strokes. National Museum of Women in the Arts. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Harris, Ann Sutherland e Linda Nochlin (1976), Women Artists, 1550-1950, p. 219. Alfred A. Knopf, Nova York.
  3. "National Museum". Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2017. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  4. "Christine, reine de Suède, fait assassiner son grand écuyer Monaldeschi". Château de Fontainebleau (en francés). Consultado o 2022-12-17. 
  5. "Adrienne Grandpierre-Deverzy, artiste peintre". L'Histoire par les femmes (en francés). 2019-07-10. Consultado o 2022-12-17. 
  6. "Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy - lots in our price database - LotSearch". www.lotsearch.net (en inglés). Consultado o 2022-12-17.