Saltar ao contido

Adriana Kaplan Marcusán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdriana Kaplan Marcusán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5729732 Dialnet: 1676116

Adriana Kaplan Marcusán, nada en Buenos Aires[1] en 1956, é unha antropóloga arxentina, experta en saúde sexual e reprodutiva con dedicación especial á prevención das mutilaciones xenitais femininas.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Adriana Kaplan Marcusán é profesora de Antropoloxía da Saúde no Departamento de Antropoloxía Social e Cultural da Universidade Autónoma de Barcelona, Directora da Fundación Wassu da Universidade Autónoma de Barcelona e Directora da Cátedra de Transferencia do Coñecemento.[2]

Realiza traballo de campo en Gambia, Senegal e Guinea Bissau desde 1989 sobre saúde sexual e reprodutiva, focalizándose no estudo e a prevención das mutilaciones xenitais femininas (MXF).[2][3]

Dirixe, como investigadora principal, o Observatorio Transnacional de Investigación Aplicada á Transferencia do Coñecemento para a Prevención da MXF que alberga a Fundación Wassu-UAB, con dúas bases de investigación, unha en España e outra en Gambia, desenvolvendo unha metodoloxía innovadora e sostible, baseada na evidencia e orientada a resultados.[2]

Foi investigadora colaboradora do Medical Research Council de Gambia, asesora do Women's Bureau e consultora para diversas axencias internacionais como o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA), Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento(UNDP), Unicef ou a UE). En España, asesora, forma e colaboradora con distintas institucións para planificar e implementar programas de atención e prevención da MXF a nivel local, rexional e estatal.[2]

Forma parte do Women’s Shura Council en Nova York, do Comité de Expertos sobre a MXF na OMS en Xenebra e no Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero en Vilnius.[2]

Entre as súas publicacións figuran diversos artigos e libros, e tamén dirixiu catro vídeo-documentais:

  • Gambia, ciclo vital y supervivencia (1991), unha análise exhaustiva das ideas e crenzas das culturas que habitan a rexión de Gambia, Senegal e Guinea-Bissau onde se realizou o traballo de campo.
  • Iniciación sin Mutilación (2004) que achega unha proposta metodolóxica alternativa para a prevención da MF,  traducido a cinco linguas locais a petición da Vicepresidencia deste país.[4]
  • Declaración de Brufut (2009), vídeo sobre a I Conferencia Internacional sobre Prácticas Tradicionais Prexudiciais que ten lugar en Brufut, Gambia, que deu como resultado unha declaración pública que rompeu o silencio sobre a MXF no país.[5]
  • Un futuro sin mutilación (2013), que recolle as testemuñas de profesionais da saúde, estudantes, comadroas tradicionais, circuncidadoras, líderes comunitarios e relixiosos, formados a través da metodoloxía de investigación aplicada á transferencia do coñecemento en fervenza.[2][6]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1998: Premio de Investigación en Ciencias Sociais da Fundación La Caixa.[2]
  • 2003: Excelencia Investigadora Ramón y Cajal, Ministerio de Educación e Ciencia.
  • 2008 VII Premio Internacional Navarra á Solidariedade da Comunidade Foral Navarra.[7]
  • 2009: Cátedra de Transferencia do Coñecemento Parc de Recerca-Santander.
  • 2010: A Asociación Catalá de Comunicación Científica seleccionouna como unha das 16 científicas catalás de excelencia.[2]
  • 2013: polo seu extenso traballo etnográfico en África foi incluída nas "99 obras clásicas de antropoloxía do mundo" polo Centro de Investigacións e Estudos Superiores en Antropoloxía Social de México.[2]
  • 2014: Recoñecemento pola súa loita fai máis de 20 anos contra a MXF en motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, por parte do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
  • 2017: Memorial Lluís Companys da Fundación Ila pola súa traxectoria na loita contra a violencia de xénero, en especial da ablación.[8]
  • 2017: IV Premios DKV Medicamento e Solidariedade, Premio á Traxectoria.[8]
  • 2018: Premio P.E.A.C.E. Global Women’s Award pola George Washington University.[9]
  1. Quintáns, Jessica Mouzo (6 de febreiro de 2015). "“Me preocupa la perversidad de las políticas contra la ablación”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "ADRIANA KAPLAN - Departament d'Antropologia Social i Cultural - UAB Barcelona". web.archive.org. 2022-02-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 2025-02-16. 
  3. Palmas, La Provincia - Diario de Las. ""En España hay 17.000 niñas en riesgo de sufrir la ablación genital"". Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  4. "- YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2025-02-12. 
  5. Fundación Wassu-UAB (2013-09-30). "Declaración de Brufut (castellano)". Consultado o 2025-02-12. 
  6. Fundación Wassu-UAB (2013-09-27). "Un futuro sin mutilación. Una cascada de transferencia de conocimiento.". Consultado o 2025-02-12. 
  7. "El Presidente Sanz entrega a Mama Samateh y a la ONG Wassu Gambia Kafo el VII Premio Internacional "Navarra" a la Solidaridad" (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 Barcelona, UAB - Universitat Autònoma de. "Adriana Kaplan recibe dos premios por su trayectoria" (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  9. "A Mini United Nations Convenes In Washington, D.C." (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2018.