Adrián Chapela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrián Chapela
HLA Alicante
Información persoal
Nacemento 16 de abril de 1994 (30 anos)
Galiza Lugo, Galiza
Altura 1,92 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (194 lb)
Posición Base
Información da carreira
Canteira Estudiantes
Internacional Categorías inferiores
Carreira 2012−presente
Historial de equipos
Estudiantes Lugo Leyma Natura (2012–2013)
Ribeira Sacra Breogán (2013–2015)
Xuven Cambados (2015−2017)
HLA Alicante (2017−2018)
ICG Força Lleida (2018–2021)
Melilla Sport Capital (2021−2022)
HLA Alicante (2022−presente)

Adrián Chapela Lage, nado o 16 de abril de 1994 en Lugo, é un xogador galego de baloncesto. Actualmente o xoga como base para o HLA Alicante da Liga LEB Ouro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte da selección española Sub-18 que se proclaría campioa do Torneo Albert Schweitzer, xogado na localidade alemá de Mannheim. Dos doce compoñentes equipo que disputaron o torneo, o lucense era o único xogador que non formaba parte da canteira dun equipo da Liga ACB nese ano, senón que pertencía ao Estudiantes Lugo, equipo da Liga EBA, vinculado ao Club Baloncesto Breogán. Após dúas temporadas en LEB Ouro co Breogán, permanece durante dúas temporadas no Xuven Cambados de LEB Prata.[1] Posteriormente asina polo HLA Alicante da mesma categoría, onde permanece un ano. Despois de tres anos na terceira categoría, asina polo ICG Força Lleida de LEB Ouro, onde xoga durante tres temporadas. Posteriormente asinaría polo Melilla Sport Capital, onde forma parte do elenco da temporada 2021−22. Após finalizar o seu contrato regresa a Alicante, este vez co equipo na segunda categoría.

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adrián Chapela, el único de los 12 de Mannheim que nos es cantera de ACB" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]