Saltar ao contido

Adrià Altimira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdrià Altimira
Biografía
Nacemento28 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Cardedeu Editar o valor en Wikidata
Altura1,7 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

UEFA: 250123949 Editar o valor en Wikidata

Adrià Altimira Reynaldos, tamén coñecido como Alti, nado en Cardedeu o 28 de marzo de 2001, é un futbolista español que xoga como lateral dereito ou extremo dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Cardedeu, comezou a xogar ao fútbol no Granollers, ata que ingresou na canteira do FC Barcelona con 7 anos.[1] En agosto de 2020, rematada a súa etapa xuvenil, fichou polo Lokomotiva de Zagreb,[2] pero rescindiu o seu contrato pouco despois e en outubro fichou polo Melilla da Segunda División B.[3]

Debutou na categoría de bronce o 1 de novembro de 2020, xogando os últimos 30 minutos nunha vitoria por 1-0 sobre o Villanovense.

O 1 de xullo de 2021 pasou ao Andorra, na nova Primeira División RFEF. Disputou un total de 29 partidos durante a campaña, conseguindo o club o seu primeiro ascenso á Segunda División. Debutou en Segunda o 15 de agosto de 2022, saíndo como titular nunha vitoria por 1-0 contra o Real Oviedo.[4] Marcou o seu primeiro gol na categoría cinco días despois, nunha derrota por 4-1 ante o Sporting de Gijón.

O 14 de xuño de 2023, tras rexeitar a oferta de renovación do Andorra, fichou polo Villarreal B, tamén de Segunda.[5] O 22 de outubro debutou co primeiro equipo do Villarreal na Primeira División, substituíndo a Aïssa Mandi nun encontro ante o Deportivo Alavés no estadio da Cerámica. Pechou a tempada cun total de 27 partidos co filial e 11 co primeiro equipo, co que chegou a disputar catro encontros de Europa League.

Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Leganés, que viña de ascender a Primeira.[6]

O 29 de decembro de 2025, rescindiu o seu contrato co Villarreal e ao día seguinte incorporouse ao Deportivo da Coruña, da Segunda División.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O seu tío Aureli e o seu curmán Sergi tamén foron futbolistas, sendo ambos xogadores da canteira do Barcelona.[8]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa do Rei Europa League Outros[a 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos Goles Partidos GolesPartidosGoles
Melilla 2020/21 Segunda B 24 1 - - - - 2 0 24 1
Andorra 2021/22 1ª RFEF 26020 - - 1 0 290
2022/23 Segunda 36110 - - - -371
Total club 62 1 3 0 0 0 1 0 66 1
Villarreal B 2023/24 Segunda 27 0 - - - - - - 27 0
Villarreal 2023/24 Primeira 11 0 3 0 4 0 - - 18 0
Leganés 2024/25 Primeira 22 0 4 1 - - - - 26 1
Villarreal 2025/26 Primeira 1 0 3 0 - - - - 4 0
Total club 12 0 6 0 4 0 0 0 22 0
Deportivo da Coruña 2025/26 Segunda 6 0 1 0 - - - - 7 0
Total carreira 1532141 4 0 3 01723
  1. Inclúe partidos de Copa Federación e promoción de ascenso a Segunda División.
  1. "Adrià Altimira, forjado en la Masia" (en castelán). 31 de marzo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  2. "Adria Altimira novi je igrač Lokomotive" (en croata). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2023. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  3. "Adria Altimira refuerza la banda derecha azulina" (en castelán). 7 de outubro de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  4. "El Andorra debuta a lo grande" (en castelán). 15 de agosto de 2022. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  5. "Altimira steps aboard the Mini Submarine!" (en inglés). 14 de xuño de 2023. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  6. "Adrià Altimira joins CD Leganés" (en inglés). 21 de agosto de 2024. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  7. "O Dépor reforza o lateral dereito con Adrià Altimira". 30 de decembro de 2025. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.
  8. "La saga azulgrana continúa" (en castelán). 26 de maio de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.