Adoración dos pastores (El Greco, Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adoración dos pastores
(Madrid)
ArtistaEl Greco
Data1612
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
MovementoManeirismo
Dimensións320 cm × 180 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Adoración dos pastores é un cadro pintado por O Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614). Este óleo sobre tea mide 320 centímetros de alto e 180 cm de ancho, e foi executado entre 1612 e 1614, posiblemente durante o último ano da vida do Greco (en 1618, o axudante do Greco, Luis Tristán, afirmou que o seu mestre estivera a traballar no cadro até a súa morte).[1] Consérvase no Museo do Prado de Madrid que o adquiriu en 1954.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

O cadro representa un tema tradicional da pintura no que os pastores son testemuñas do nacemento de Cristo en Belén, producíndose pouco tempos despois do nacemento real. Foi un tema moi solicitado e moi empregado polo Greco até o punto que ao morrer, en 1614, atopáronse oito cadros co mesmo tema.[3]

Esta obra foi realizada polo artista para estar exposta sobre a súa propia tumba no altar maior na igrexa do Mosteiro de Santo Domingo o Antigo en Toledo.[2][3] A sinatura do Greco, en grego, pode verse no recuncho inferior esquerdo.[4]

Consérvase outra versión, moi semellante, no Museo Nacional de Arte de Bucarest, da que os especialistas aceptan a autoría do Greco. Hoxe acéptase que esta foi a versión realizada para o Colegio de Nuestra Señora de la Encarnación de Madrid (ou Colexio de dona María de Aragón).[5][6]

Análise artística[editar | editar a fonte]

A composición amosa unha estrutura en espiral creando cun movemento de ascensión.[7] Como en tóda-las obras tardías do Greco, esta, caracterízase pola extrema distorsións dos corpos, que é unha característica co seu estilo manierista. As cores son brillantes e as formas e as poses estrañas crean unha sensación de momento marabilloso e de éxtase, cando os pastores e mailos anxos celebran o milagre do neno que vén de nacer. Este aparece envolto en brillantez e un manto branco, que son recursos adoptados das iconas bizantinas, semella emitir unha luz propia que se reflicte nas facianas dos pastores descalzos que se xuntaron para render homenaxe ao nacemento milagroso.

A pintura presenta un ritmo interior, que se reflicte nos movementos das figuras. Tamén destacan os fortes contrastes entre zonas iluminadas e zonas escuras que realzan a escena.

O Greco amosa unha forte influencia dos pintores venecianos e, de xeito especial nesta obra, de Jacopo Massano, tanto na relevancia das cores como da factura pois, igual que o cadro de Massano, a Virxe tamén retira o pano que tapa a Cristo para convertelo en fonte de luz.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez Sánchez, Alfonso Emilio; Navarrete Prieto, Benito; Tristán, Luis (2001). Luis Tristán (en castelán). Vols. 1585-1624. Toledo: Real Fundación de Toledo. 
  2. 2,0 2,1 Tazartes (2004), p. 172
  3. 3,0 3,1 "Adoración de los pastores". artehistoria.com. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2019. Consultado o 06-04-2019. 
  4. De El Greco a Cézanne (catálogo), La adoración de los pastores , 130
  5. "Adoración de los pastores". artehistoria.jcyl.es. (copia arquivada en Internet Archive, 18-09-2010). Archived from the original on 18-09-2010. Consultado o 06-04-2019. 
  6. Álvarez (2001), p. 39
  7. Cirlot (2007), p. 73
  8. Cámara (2012), pp. 149-150

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Álvarez Lopera, José (2001). El Greco. col. Historia del mundo para jóvenes. Madrid: Akal. ISBN 84-460-1280-4. 
  • Cámara Muñoz, Alicia (2012). "El Greco y Venecia". En Urquízar, Antonio; Cámara Muñoz, Alicia. El Greco y Venecia (en castelán). UNED / Editorial universitaria Ramón Areces. pp. 129–156. ISBN 978-84-9961-061-0. 
  • Cirlot, L. (dir) (2007). Museo del Prado I. col. «Museos del Mundo», Tomo 6 (en castelán). Madrid: Espasa. ISBN 978-84-674-3809-3. 
  • Tazartes, Maurizia (2004). El Greco. col. Los grandes genios del arte (en castelán). Madrid: El Mundo. ISBN 9788489780996. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]