Adolfo Zon Pereira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de xaneiro de 1956 Seixalbo, España |
| Bispo diocesano | |
| 20 de maio de 2015 – ← Evangelista Alcimar Caldas Magalhães Diocese: Diocese de Alto Solimões | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Salamanca Universidade Pontificia Comillas |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2014–), sacerdote católico (1986–) |
| Orde relixiosa | Xaverianos |
| Consagración | Flavio Giovenale |
Adolfo Zon Pereira, nado en Seixalbo, Ourense o 23 de xaneiro de 1956, é un relixioso xaveriano galego radicado no Brasil. Dende 2015 é bispo da diocese de Alto Solimões, no Brasil.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesou na sociedade dos xaverianos o 2 de outubro de 1982. Foi ordenado sacerdote o 21 de xuño de 1986. Graduouse en teoloxía na Universidade Pontificia Comillas e estudou un mestrado en Teoloxía Pastoral na Universidade de Salamanca. Ao comezo da súa carreira sacerdotal, traballou na pastoral da Mocidade da arquidiocese de Pamplona e Tudela. Foi párroco na parroquia San Francisco Javier (1988-1992) e tesoureiro dos xaverianos.
En 1993, trasladouse ao Brasil, á parroquia de Nossa Senhora Rainha da Paz, na diocese de Abaetetuba. Foi membro do Consello Rexional de Cáritas do Norte na Conferencia Nacional de Bispos do Brasil, asesor na formación de laicos na Escola de Fe e Política, director da Escola Diocesana de Evanxelización; e vicerexional dos misioneiros xaverianos, de 2005 a 2010. Foi administrador económico da diocese de Abaetetuba (2005-2006). Foi profesor de Doutrina Social da Igrexa no Instituto Rexional de Formación Presbiteral no norte rexional 2 de CNBB.
Bispo
[editar | editar a fonte]O 27 de agosto de 2014, foi nomeado polo papa Francisco bispo coadxutor de Alto Solimões. Foi consagrado polo bispo Flávio Giovenale. Seis meses despois, substituíu a Evangelista Alcimar Caldas Magalhães á fronte da diocese.