Adolfo Víctor Calveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Víctor Calveiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1902 Editar o valor em Wikidata
Dornelas, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 1977 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé María Calveiro Editar o valor em Wikidata

Adolfo Víctor Calveiro Couto, nado en Dornelas (Silleda) o 29 de marzo de 1902 e finado en Newark (Nova Jersey) o 17 de agosto de 1977,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba en 1919, onde viviu ata 1969, agás tres anos (1931-1934) que estivo en Galicia. O seu irmán José María Calveiro tamén marchou a Cuba. Traballou no que puido na Habana ao tempo que estudaba polas noites. Chegou a ser xefe de redacción da revista Eco de Galicia. En 1936 fundou, coa colaboración do seu veciño emigrado Eladio Vázquez Ferro, Cultura Gallega. Mantivo a revista durante catro anos, mentres alternaba con traballos administrativos.

Despois de Cultura Gallega botou a andar Cultura Hispánica, que durou uns catorce meses. Logo, nos anos da segunda guerra mundial, editou a publicación Cuba y España, e despois traballou nunha oficina bancaria ao tempo que colaboraba esporadicamente na prensa. Incorporouse á Agrupación Artística Gallega da que formou parte da directiva, traballou como Secretario de Actas e atendía toda a actividade cultural e administrativa. A sociedade patrocinou unha nova xeira de Cultura Hispánica da que chegaron a saír 18 números.

Despois de que o seu fillo Isauro decidiu radicarse en Madrid, e María do Carme, a filla, logo dunha breve estancia na aldea paterna marchou aos Estados Unidos, en 1969 decidiu marchar de Cuba coa súa muller. Logo dunha visita a Dornelas e Madrid marcharon a Nova Jersey, onde Adolfo faleceu oito anos despois. Está enterrado no cemiterio Holy Cross de Nort Arlington.

Ao seu paso por Galicia en 1969 entregou na Universidade de Santiago de Compostela traballos inéditos, manuscritos diversos e cartas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Cuba coa galega Ramona Alonso en 1928 e foi pai de Carmen, Isauro e Alicia Calveiro Alonso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neira Vilas, X. (2004). "Canle mensual de cultura". Prosas varias. Fundación Otero Pedrayo. p. 41-46. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]