Adolfo Ramón Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Ramón Bello
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (21/22 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Adolfo Ramón Bello, nado en 1947 e finado en Rosario o 17 de maio de 1969, foi un estudante arxentino do centro de estudantes da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade Nacional de Rosario, asasinado por un axente de policía mediante un balazo na fronte durante unha pequena protesta estudantil. A indignación xeral causada polo asasinato desencadeou no Rosariazo, unha importante "pueblada" contra a ditadura militar dirixida polo xeneral Juan Carlos Onganía.

Circunstancias e impacto da súa morte[editar | editar a fonte]

En maio de 1969 o ambiente universitario atopábase axitado a causa do asasinato do estudante Juan José Cabral o 15 de maio, durante unha protesta polos altos prezos do comedor estudantil en Corrientes.

O día 17 de maio, militantes do Centro de Estudantes da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Rosario (FUR) realizaron un acto espontáneo no comedor universitario situado na avenida Corrientes ao 700 que culminou cun intento de cortar a rúa para interromper o tránsito. O intento foi reprimido polos axentes de policía presentes.[1]

O xornalista Reynaldo Sietecase describiu así os eventos:

Un grupo de estudiantes, perseguidos por la policía, corre por la calle Corrientes hacia el sur y dobla por Córdoba, desde Entre Ríos aparecen más policías disparando sus armas. Los estudiantes y decenas de sorprendidos transeúntes quedan encerrados... Algunos estudiantes junto a una docena de paseantes —incluidos varios niños— ingresan a la Galería Melipal. El lugar tiene una sola boca de entrada y salida, por lo que otra vez quedan atrapados a merced de los guardias.
Los agentes ingresan al edificio y reanudan la golpiza. Entre los policías se encuentra el oficial inspector Juan Agustín Lezcano, un ex empleado de la boite Franz y Fritz. La gente trata de evitar como puede la lluvia de golpes: se escuchan súplicas, llantos y alaridos. En medio de la confusión suena un disparo. Cuando la policía se repliega queda en el suelo, junto a la escalera que lleva a los pisos superiores, el cuerpo de Adolfo Bello con la cara ensangrentada.
Reynaldo Sietecase, citado en Ceruti & Sellares 2002

Bello, quen recibiu un balazo na fronte, contaba entón con 22 anos, e moríría esa tarde por mor das feridas no Hospital Central Municipal.

A indignación da poboación foi xeral. O 20 de maio a Federación Universitaria de Rosario decretou unha folga estudantil e o mércores 21 de maio de 1969 realizouse unha Marcha de Silencio en homenaxe a Adolfo Bello, organizada pola FUR e a Confederación General del Trabajo (CGT).

A represión policial e militar da marcha levou a unha sublevación xeral coñecida como Rosariazo, durante a cal tamén resultaría asasinado o obreiro e estudante Luís Blanco, de 15 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]