Adolfo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Adolfo é un nome propio galego de home, deriva do nome xermánico Athawulf composto de atha (nobre) e wulf (lobo). O nome admite as variedades de Ataúlfo e Adulfo, así como o hipocorístico Fito. A forma feminina é Adolfina. Foi unha vez moi popular no mundo xermánico pero o recordo de Adolf Hitler fixo que poucos nenos das novas xeracións leven o nome. En Galicia levaban o nome en 2010 un total de 2100 residentes como Adolfo e 8 como Ataúlfo [1]
Outras linguas[editar | editar a fonte]
- Adolf: alemán, catalán, inglés
- Adolfo: castelán, italiano, portugués
- Adolphe: francés
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Santo Adolfo de Galicia, bispo de Iria Flavia do século IX.
- Santo Adolfo de Sevilla, mártir cristián do século IX
- Adolfo de Abel Vilela, político e historiador da arte galego
- Adolfo Domínguez Fernández, deseñador de moda galego
- Adolfo Domínguez Otero, Fito, cantante, membro da Roda.
- Adolfo Rey Ruibal, escritor galego
- Adolfo Torrado Estrada, comediógrafo galego
- Adolfo Suárez, político español
- Adolf Hitler, ditador e o líder nazi alemán.