Adolf Hohenstein
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1854 San Petersburgo, Rusia |
Morte | 12 de abril de 1928 (74 anos) Bonn, Alemaña |
Relixión | Igreja evangélica (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, escenografía, litografía e break-away (en) |
Lugar de traballo | Milán Altenessen (en) Viena Bonn Düsseldorf Tailandia |
Ocupación | cartelista, litógrafo, pintor, deseñador gráfico, ilustrador, escenógrafo, diseñador de vestuario, deseñador |
Empregador | Giulio Ricordi |
Movemento | Art Nouveau |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Adolf ou Adolfo Hohenstein, nado o 18 de marzo de 1854 en San Petersburgo e finado o 12 de abril de 1928 en Bonn, foi un pintor, ilustrador, escenógrafo e deseñador de vestiario alemán. Hohenstein foi un dos cartelistas máis coñecidos do seu tempo e está considerado un pioneiro do Modernismo en Italia. Canda Leonetto Cappiello, Giovanni Mario Mataloni, Leopoldo Metlicovitz e Marcello Dudovich, está considerado un dos cartelistas máis importantes de Italia, onde pasou un tempo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Hohenstein foi fillo de pais alemáns, Julius e Laura IRack, e naceu en San Petersburgo, daquelas, Imperio Ruso. Seu pai era un enxeñeiro de montes cuxo traballo lle obrigaba a viaxar intensamente. Máis tarde, a familia trasladouse a Viena, onde Adolf se criaría e completaría a súa educación. As súas viaxes levárono logo a India, onde traballaría decorando casas da clase alta local. En 1879 trasladouse a Milán, onde empezou o seu período máis creativo.
Foi nomeado deseñador de vestiario no Teatro alla Scala, así como tamén noutros teatros e óperas. Contratado como director de arte e deseños, realizando os carteis para as óperas La Bohème, Tosca e Madama Butterfly de Giacomo Puccini,[1] con quen traballou moi de cerca en varias ocasións. Tamén traballou na publicidade, facendo gráficos para a compañía de bebidas Campari e cousas para o xornal Corriere della Sera, así como postais e portadas de libros.
Nos primeiros anos dos 1900, tras casar con Katharina Plaskuda, unha viúva, viaxou máis frecuentemente entre Italia e Alemaña até 1906, ano no que deixou Milán definitivamente. Trasladouse a Alemaña, onde principalmente realizou a súa actividade como pintor. Entre 1909 e 1923, Hohenstein foi membro dunha asociación de artistas de Düsseldorf, estando asociado á Escola de pintura de Düsseldorf.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un pionero del cartel: Adolf Hohestein (1854-1928)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adolf Hohenstein |