Administración apostólica católica latina de Harbin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAdministración apostólica católica latina de Harbin
Imaxe

Localización
Mapa
 45°45′N 126°38′L / 45.75, 126.63Coordenadas: 45°45′N 126°38′L / 45.75, 126.63
Poboación
Lingua usadamandarín estándar Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Creación1931 Editar o valor em Wikidata
CatedralSacred Heart Cathedral of Harbin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A administración apostólica de Harbin é unha sé da Igrexa Católica Latina.

Territorio[editar | editar a fonte]

O seu territorio abrangue parte de Heilongjiang. A sé está na cidade de Harbin, onde está a catedral do Sagrado Corazón.

Historia[editar | editar a fonte]

A administración apostólica foi erixida o 28 de maio de 1931 en territorios da diocese de Vladivostok.

Por mor da situación que vive a Igrexa na República Popular da China, coa creación da gobernamental Asociación Católica Patriótica Chinesa, a sé ten estado vacante até o ano 2011. Nese período, o goberno chinés nomeou entre 1959 e 1992 un administrador apostólico da ACPC, non aceptado pola Igrexa.

En 2011 foi nomeado administrador apostólico Xosé Zhao Hong-chun, non pertencente a ACPC. Porén, en 2012 o goberno volveu nomear un administrador apostólico da ACPC, permanecendo Zhao Hong-chun detido até a consagración do bispo da ACPC.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]