Adelsfana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Adelsfana era unha unidade regular de cabalería sueca, a súa orixe está na Ordenanza de Alsnö (1280) na que o rei ordenaba á nobreza asistirlle na guerra por medio de homes e cabalos a cambio dos seus privilexios, e ao primeiro era recrutada e financiada pola nobreza.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1565 o rei Erik XIV organízaa como unha unidade regular co nome de Adelsrytteriet (cabalería nobre) e en 1571 adoptou o nome de Adelsfana, a súa organización variou ao longo do tempo, pero os oficiais sempre habían de pertencer á nobreza e o seu tamaño correspondía a un pequeno rexemento de cabalería, en 1634 aparece na primeira constitución de Suecia como un dos rexementos da cabalería sueca. Ata 1640 estivo formada por tres compañías en Suecia e Finlandia, e nese ano aumentou unha máis quedando en 5 en 1658 logo da anexión de Escania e fixándose finalmente en 6 en 1680 pero en épocas de paz só os oficiais estaban en servizo. En 1702 durante a Gran Guerra do Norte o rexemento serviu nas provincias bálticas e en 1706 tomou parte na batalla de Fraustadt e en 1709 na de Perevolchna que rematou na desfeita sueca e na rendición das tropas superviventes, incluíndo a adeslsfana aos rusos. A partir de 1718 o rexemento quedou desartellado na práctica, reuníndose por última vez en 1743, aínda que cobrando os oficiais os seus salarios ata 1809, pero oficialmente seguiu a existir ata 1901.