Adelaide Hall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adelaide Hall
Nacemento20 de outubro de 1901 e 20 de outubro de 1904
Lugar de nacementoBrooklyn
Falecemento7 de novembro de 1993
Lugar de falecementoLondres
Causapneumonía
SoterradaThe Evergreens Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterInstituto Pratt
Ocupacióncantante, músico de jazz e actriz de teatro
Na rede
IMDB: nm0355263 IBDB: 67708
MySpace: adelaidehall Musicbrainz: 1b376fa5-2128-4cad-93c1-c3045f3c9553 Discogs: 307414 Allmusic: mn0000929857 WikiTree: Hall-49691 Find a Grave: 7979544 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Adelaide Louise Hall, nada en Nova York o 20 de outubro de 1901 e finada en Londres o 7 de novembro de 1993, foi unha cantante de jazz estadounidense establecida no Reino Unido. A súa longa carreira estendeuse máis de 70 anos, dende 1921 ata o seu pasamento e foi unha figura central no Harlem Renaissance.[1][2][3][4]

Hall entrou no Guinness World Records en 2003 como a artista cunha carreira gravada máis duradeira, por pubblicar material en oito décadas consecutivas.[5] Actuou con artistas destacados como Art Tatum,[6] Ethel Waters, Josephine Baker, Louis Armstrong, Lena Horne, Cab Calloway, Fela Sowande,[7] Rudy Vallee[8] e Jools Holland, e gravou como cantante con Duke Ellington (con quen fixo a súa gravación máis coñecida, "Creole Love Call", en 1927)[9] e Fats Waller.[10][11][12][13]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e matrimonio[editar | editar a fonte]

Adelaide Hall naceu en Brooklyn, Nova York, filla de Elizabeth e Arthur William Hall. Aprendeu a cantar ensinada polo seu pai, e comezou a súa carreira artística en 1921 en Broadway formando parte do coro do musical de Noble Sissle e Eubie Blake Shuffle Along.[10][14][15][16][17] Posteriormente actuou en diferentes musicais negros, entre eles Runnin' Wild, de James P. Johnson[18] en Broadway en 1923, no que cantou a canción !Old-Fashioned Love", Chocolate Kiddies (1925, en xira europea, con cancións escritas por Duke Ellington),[19] My Magnolia (Broadway, 1926, con banda de Luckey Roberts e Alex C. Rogers),[20] Tan Town Topics (1926, con cancións de Fats Waller),[21][22] e Desires of 1927[23] (1926 – 1927, con música de Andy Razaf e J. C. Johnson).[24][25]

En 1924, Hall casou cun mariñeiro británico nado en Trindade e Tobago, Bertram Errol Hicks. Pouco despois do seu matrimonio, Hicks abriu un club en Harlem, Nova York, chamado 'The Big Apple', e pasou a ser o representante de Hall.[26]

Chocolate Kiddies, xira europea en 1925[editar | editar a fonte]

Hall foi contratada para formar parte do elenco da revista Chocolate Kiddies, coa que se fixo unha xira europea que se iniciu en Hamburgo o 17 de maio de 1925, e que finalizou en París en decembro dese ano.[27] No elenco figuraban The Three Eddies, Lottie Gee, Rufus Greenlee e Thaddeus Drayton, Bobbie e Babe Goins, Charles Davis e Sam Wooding e a súa orquestra.

Tan Town Topics, Small's Paradise e Desires of 1927[editar | editar a fonte]

En 1926, tras volver a Nova York, Hall foi escollida para traballar en Tan Town Topics, unha revista con cancións de Fats Waller e Spencer Williams. O elenco incluía a Fats Waller, Eddie Rector e Ralph Cooper, Adelaide Hall, Maude Mills, Arthur Gaines, Leondus Simmons e un grupo de baile chamado Tan Town Topics Vamps. O espectáculo estreouse no Teatro Lafayette de Harlem o 5 de abril, cunha curta xira por Baltimore, Chicago e Filadelfia.[28]

Hall actuou en xullo de 1926, con Lottie Gee e The Southern Syncopated Orchestra, no club Small's Paradise, en Nova York.[29]

A partir de outubro de 1926 e ata setembro do seguinte ano, Hall viaxou polo país actuando no circuíto da Theater Owners Booking Association (T.O.B.A.) co espectáculo Desires of 1927, concibido por J. Homer Tutt e producido por Irvin C. Miller. Presentada como a estrela do espectáculo, a aúa actuación incluía varias cancións, salientando "Sweet Virginia Bliss", baile e interpretación do ukelele.

Gravacións con Duke Ellington[editar | editar a fonte]

En outubro de 1927, Hall gravou "Creole Love Call", "The Blues I Love To Sing" e "Chicago Stomp Down" con Duke Ellington e a súa orquestra.[30] As gravacións tiveron un amplo eco, e catapultaron as carreiras de Hall e Ellington.[31][32]

O 4 de decembro de 1927, Ellington comezou a tocar coa súa orquestra Cotton Club de Harlem cunha revista chamada Rhythmania. No show, Hall cantaba "Creole Love Call". En 1928, a canción alcanzou o posto número 19 da lista de Billboard.[33]

Ademais, Hall e Duke Ellington gravaron o 7 de xaneiro de 1933 as cancións "I Must Have That Man" e "Baby".[34]

Blackbirds of 1928[editar | editar a fonte]

En 1928, Hall traballou en Broadway con Bill Robinson[35] en Blackbirds of 1928.[36][37] O espectáculo foi o de maior éxito cun elenco integramente negro nunca representado en Broadway e deu fama a ambos os artistas.[38] Blackbirds of 1928 era unha idea de Lew Leslie, que planeara o show pensando en Florence Mills; porén, Mills faleceu por mor dunha pneumonía en 1927 antes de iniciar os ensaios. Hall foi escollida para substituíla. A revista estreouse en Les Ambassadeurs Club de Nova York en xaneiro de 1928, e en maio de 1928 representouse no Liberty Theatre,[39] cun total de 518 funcións.

Este musical deu tamén sona a Hall en Europa, ao ser levada en 1929 a obra a París, onde durante catro meses se representou no Moulin Rouge.[40][41][42] Tal foi o éxito de Hall no teatro europeo, que rivalizou en popularidade con Josephine Baker.[43] Con música de Jimmy McHugh e letras de Dorothy Fields, as interpretacións que Hall levou a cabo das canciones "I Can't Give You Anything but Love, Baby", "Diga Diga Do",[44] "Bandanna Babies" e "I Must Have That Man", converteunas en todo un éxito.

O elenco de Blackbirds volveu aos Estados Unidos no outono de 1929, iniciando case de inmediato unha xira polo país, tendo lugar a primeira representación en Chicago. Nesa cidade, e en decembro, Adelaide Hall abandonou de maneira inesperada a produción, volvendo a Nova York.

1930: Brown Buddies[editar | editar a fonte]

Tras deixar Blackbirds, especulouse con que Hall e Bill Robinson traballase de novo xuntos.[45] Finalmente, en 1930 ambos traballaron dúas veces no Teatro Palace de Broadway (en febreiro e en agosto).[46][47] Na actuación de febreiro, a primeira de Hall no Palace, recibiu un entusiasta recibimento. Tan frutífera foi a colaboración entre Hall e Robinson, que en outubro de 1930 a parella se reuniu para actuar no musical Brown Buddies.[48] A obra estreouse en Broadway, no Teatro Liberty,[39] manténdose as funcións durante catro meses antes de iniciar unha xira polos Estados Unidos.[49][50] A música era de Millard Thomas, con cancións de Shelton Brooks, Ned Reed, Porter Grainger, J. C. Johnson, J. Rosamund Johnson, George A. Little, Arthur Sizemore e Edward G. Nelson.

1931–32: Gira mundial[editar | editar a fonte]

En 1931, Hall embarcouse nunha xira mundial que visitou dous continentes (América e Europa). Durante a mesma actuou catro veces no Teatro Palace. Foi durante esta xira cando Hall descubriu e empregou o pianista Art Tatum, ao que levou a Nova York ao final da mesma.[51][52][53] En agosto de 1932, Hall gravou "Strange as it Seems", "I'll Never Be The Same", "This Time it's Love" e "You Gave Me Everything but Love", sendo Tatum un dos principais pianistas nesas producións.[54][55][56]

Carreira en Europa en 1935–38[editar | editar a fonte]

Hall chegou a París o outono de 1935[57] e quedou a vivir alí ata 1938. O seu marido abriu un club nocturno para ela na cidade, que chamou La Grosse Pomme, e en que actuou con frecuencia.[58][59] Unha das bandas que tocaba no club foi o Quintette du Hot Club de France, con Django Reinhardt e Stephane Grappelli.

Nos inicios de 1936, Hall protagonizou Black and White Revue. O espectáculo, con cincuenta artistas, estreouse en París, e en febreiro viavou en xira a Suíza. A revista foi producida por Ralph Clayton, dirixida por Arthur Bradley e coreografada por Albert Gaubier, quen previamente bailara baixo a dirección de Serge Diaghilev nos Ballets Rusos.[60] A orquestra estaba dirixida por Henry Crowder.[61]

En 1937, Hall coreografou a súa interpretación do famoso baile francés can-can, que chamou "Canned Apple" e que bailou en La Grosse Pomme.[62] A Hall tamén se lle atribúe presentar o baile coñecido como "truckin" aos parisienses.[63] Durante o seu tempo en Europa, Hall cantou con varias orquestras, entre elas as de Willie Lewis[64] e Ray Ventura, e en 1937 (nunha viaxe a Copenhaguen) gravou catro cancións con Kai Ewans e a súa orquestra para o selo Tono.[65]

Carreira británica, 1938–93[editar | editar a fonte]

Tras moitos anos actuando nos Estados Unidos e en Europa, Hall foi ao Reino Unido en 1938[66] para facer un papel protagonista nunha versión musical dunha obra de Edgar Wallace, The Sun Never Sets, representada no Teatro Drury Lane.[67] Tivo tanto éxito e fíxose tan popular entre o público británico, que decidiu instalarse no país, converténdose nunha das máis célebres cantantes e artistas da época no Reino Unido. Así, Hall viviu en Londres dende 1938 ata a súa morte. O 28 de agosto de 1938, Hall gravou "I Can't Give You Anything but Love" e "That Old Feeling"[68] nos Abbey Roade Studios de Londres, con Fats Waller no órgano. O 10 de setembro de 1938 actuou en Broadcast To America con Waller no St. George's Hall nunha emisión en directo retransmitida ao outro lado do Atlántico.[11][69]

Ao longo de 1939, Hall participou noutras emisións de BBC TV, algunha delas retransmitidas en directo. Non obstante, co inicio da segunda guerra mundial, o goberno británico suspendeu as emisións en directo. A pesar diso, entre 1939 e 1941 Hall participou no popular programa de variedades de BBC Radio Piccadixie.[70] Ademais, nese tempo viaxou amplamente polo Reino Unido co Piccadixie British Tour acompañada do humorista Oliver Wakefield e do pianista George Elrick.[71]

Nos anos da guerra, Hall entretivo as tropas no continente europeo coa USO (United Service Organizations Inc.)[72] e o seu equivalente británico ENSA (Entertainments National Service Association), no cal obtivo o título de capitá.

A carreira de Hall foi un éxito case ininterrompido. Fixo máis de 70 gravacións para Decca Records,[73] tivo unha serie propia en BBC Radio, Wrapped in Velvet[74][75] (foi a primeira artista negra que tivo un contrato a longo prazo coa BBC) e actuou no teatro, no cinema, e en clubs nocturnos, sendo propietaria de locais en Nova York, Londres e París. Na década de 1940, e especialmente durante a guerra, foi moi popular, tanto entre o público civil como no da ENSA,[76][77] a pesar de sufrir a destrución por un bombardeo do seu club londiniense, o Old Florida Club.[78]

No ano 1940 Hall fixo un cameo no filme The Thief of Bagdad, dirixido por Alexander Korda, e no que cantaba "Lullaby of the Princess", canción escrita por Miklós Rózsa.[67][79][80][81][82]

A canción de Hall "Careless", chegou en maio de 1940 ao número 30 das listas británicas, e en xuño de 1944 o seu tema "There Goes That Song Again" entrou na lista da BBC acadando o posto 15.[83]

Hall apareceu nunha das máis primitivas gravacións en sistema telerecording da BBC: unha gravación da súa actuación no RadiOlympia Theatre levada a cabo o 7 de outubro de 1947. A gravación empregouse nun programa chamado Variety in Sepia.[84] Hall cantaba "Chi-Baba, Chi-Baba (My Bambino Go to Sleep)" e "I Can't Give You Anything But Love".

En 1948 actuou no filme británico A World is Turning, que non foi rematado. O filme trataba sobre a contribución dos cidadáns negros á sociedade británica. O ano seguinte actuou nos programas da BBC Rooftop Rendezvous e Caribbean Carnival.

Hall participou en 1951 na primeira serie cómica británica, How Do You View, protagonizada por Terry-Thomas e escrita por Sid Colin e Talbot Rothwell.[85] O 29 de outubro de 1951 formou parte do elenco da gala Royal Variety Performance, representada no Victoria Palace Theatre en presenza da raíña Isabel II e da princesa Margarida.[86] Foi a primeira artista negra que participou na gala.[87] A principios de 1950, Hall e o seu marido inauguraron o Calypso Club en Regent Street, Londres, e a realeza acudiu con asiduidade ao local.[88]

En 1951 a actriz actuou en Londres na obra Kiss Me, Kate, no papel de Hattie, cantando o tema de Cole Porter "Another Op'nin', Another Show", e en 1952 no musical Love From Judy,[89] encarnando a Butterfly e cantando "A Touch of Voodoo", "Kind to Animals" e "Ain't Gonna Marry".[90] En 1956 volvió ao West End para traballar en Someone to Talk To.[91] En 1957, e a solicitude de Lena Horne, Hall volveu aos Estados Unidos para actuar con ela no musical Jamaica, estreado en Filadelfia en setembro de 1957,[92] e levado ao circuíto de Broadway o 31 de outubro.

De novo no Reino Unido, o 1 de abril de 1960 actuou no show musical da BBC The Music Goes Round,[93] e o 3 de marzo de 1965 no programa de BBC2 Muses with Milligan, con Spike Milligan e John Betjeman. En 1968, de novo no circuíto teatral do West End, participou na obra Janie Jackson.[91]

Entre 1969 e 1970 realizou dúas gravacións de jazz con Humphrey Lyttelton, traballando posteriormente en xiras teatrais e en diferentes concertos. En 1974 actuou no programa de televisión Looks Familiar como panelista,[94] e en What Is Jazz, con Humphrey Lyttelton.[95] En 1976 participou noutro programa de televisión, It Don't Mean a Thing,[96] e en 1981 foi convidada ao programa de Michael Parkinson na BBC, Parkinson.[97] Ademais, en xullo de 1982 participou, xuntos a outros varios artistas, nunha gala levada a cabo na catedral de San Paulo de Londres dedicada á música sacra de Duke Ellington.[98][99]

Tumba de Adelaide Hall no cemiterio de Evergreens en Brooklyn, Nova York, Terrace Hill Section, Grave 1252

En abril de 1980, Hall volveu aos Estados Unidos, e dende o 1 ao 24 de maio actuou na revista musical Black Broadway no The Town Hall de Nova York, xunto a Elisabeth Welch, Gregory Hines, Bobby Short, Honi Coles, Edith Wilson e Nell Carter, entre outros.[100] Tras Black Broadway, en xuño de 1980, Hall traballou durante tres meses no Michael's Pub de Nova York.[101] Tamén en xuño de 1980, actuou no Playboy Jazz Festival nos Ánxeles, xunto a Dizzy Gillespie, Herbie Hancock, Stephane Grappelli, Mel Torme, Zoot Sims, Carmen McRae e Chick Corea.[102]

O 5 de abril de 1983, Hall iniciou un compromiso dun mes co Cookery, en Nova York, onde foi acompañada por Ronnie Whyte e Frank Tate.[103]

En 1985, Hall interveu na televisión británica formando parte do elenco de Omnibus: The Cotton Club comes to the Ritz, un documental da BBC rodado no Hotel Ritz, e no que aparecían, entre outros, Cab Calloway, Doc Cheatham e Max Roach.[104][105] En 1985 participou en South Bank Show, nun documental titulado The Real Cotton Club.[106] En xullo de 1986 actuou nun concerto no Barbican Centre de Londres.[107]

En outubro de 1988, Hall presentou un espectáculo en solitario no Carnegie Hall de Nova York.[108] O mesmo espectáculo foi levado a Londres, ao Kings Heade Theatre en decembro de 1988.[109] Foi unha das poucas artistas que tivo dúas actuacións como convidada no programa de BBC Radio 4 Desert Island Discs (2 de decembro de 1972[110] e 13 de xaneiro de 1991).[111] En 1989 actuou en Londres no Royal Festival Hall na Royal Ellington Tribute Concert que incluía a estrea mundial da peza de Ellington Queen's Suite, escrita para Isabel II. No evento tamén actuaron a Bob Wilber Band, Tony Coe e Alan Cohen. O concerto foi filmado por Independent Film Production Associates.[112]

En 1990, Hall protagonizou un documental sobre a súa vida, Sophisticated Lady, que incluía unha actuación gravada nos Riverside Studios de Londres.[113] A súa derradeira actuación en concerto nos Estados Unidos foi en 1992 no Carnegie Hall, na serie Cabaret Comes to Carnegie. Tamén en 1992, foi premiada pola BASCA (British Academy of Songwriters, Composers and Authors).[114]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Adelaide Hall faleceu o 7 de novembro de 1993, aos 92 anos de edade, no Charing Cross Hospital de Londres, a causa dunha pneumonía.[1][91][115][116] Cumprindo os seus desexos, organizouse un funeral en Nova York, na Catedral da Encarnación (Garden City, Nova York), e foi enterrada no cemiterio de Evergreens en Brooklyn xunto á tumba da súa nai.[117] En Londres realizouse un memorial en St Paul's, Covent Garden (coñecida como a "igrexa dos actores"), ao que asistiron estrelas como Elaine Paige, Elisabeth Welch, Lon Satton e Elaine Delmar. Un dos participantes, o presentador de televisión Michael Parkinson, remarcou axustadamente: "Adelaide viviu ata os noventa e dous anos e nunca se fixo vella".[118]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Voce, Steve (8 de novembro de 1993). "Obituary: Adelaide Hall". The Independent (Londres). Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  2. Collins, Glenn (10 de novembro de 1993). "Adelaide Hall, 92, International Star of Cabaret". The New York Times. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  3. Cameron Williams, Iain (15 de setembro de 2002). Underneath a Harlem Moon: The Harlem to Paris Years of Adelaide Hall. ISBN 0-8264-5893-9. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  4. Bourne, Stephen (24 de xaneiro de 2003). "The real first lady of jazz (Review of Underneath a Harlem Moon by Iain Cameron Williams)". The Guardian (Londres). Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  5. "Devotees – Honours and Tributes" (researched and compiled by Stephen Bourne), Devotional. Adelaide Hall enters Guinness Book of World Records as the World's most enduring recording artiste.
  6. "International Opus". internationalopus.com. 
  7. Leonard Feather, "Don't Call Them Crooners: 4 – Adelaide Hall" (entrevista), Radio Times, 17 de febreiro de 1939, p. 15.
  8. Adelaide Hall singing "Creole Love Call" with Duke Ellington and his Orchestra recorded in 1927. YouTube.
  9. 10,0 10,1 ""Adelaide Hall", Faces of the Harlem Renaissance, ArtsEdge: Kennedy Center.". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  10. 11,0 11,1 Ken Dryden, "Fats Waller: Fats Waller on the Air 1938 Broadcasts (2009)" AllAboutJazz, 7 de abril de 2010; consultado o 14 de setembro de 2014.
  11. "Adelaide Hall Biography". Artistdirect.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  12. "Adelaide Hall Biography – Facts, Birthday, Life Story". Biography.com. 7 de novembro de 1993. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  13. "Shuffle Along (1921) | The Black Past: Remembered and Reclaimed". The Black Past. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  14. "Stage Musicals 1920's – Part 3: New Composers". Musicals101.com. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  15. ""Shuffle Along: The Musical at the Center of the Harlem Renaissance – Drop Me Off in Harlem", ArtsEdge, Kennedy Center.". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  16. Reside, Doug (10 de febreiro de 2012). "Musical of the Month: Shuffle Along". The New York Public Library. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  17. The Broadway League. "Runnin' Wild". IBDB: The official source for Broadway Information. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  18. "Edward K. "Duke" Ellington, African American Composer & Pianist". Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  19. Cullen, Frank (2004). Vaudeville, Old and New: An Encyclopedia of Variety Performers in America. Psychology Press. 
  20. Tan Town Topics review.
  21. "Thomas "Fats" Waller: Performances in Transcription, edited by Paul S. Machlin". Areditions.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  22. Desires of 1927 musical, Page 106, A Century of Musicals in Black and White: An Encyclopedia of Musical Stage by Bernard L. Peterson, Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-26657-3
  23. Henry Louis Gates, Evelyn Brooks Higginbotham (eds), Harlem Renaissance Lives from the African American National Biography, Oxford University Press, 2009, p. 233.
  24. "'Desires of 1927' - A Riot at Elmore" (review)[Ligazón morta], The Pittsburgh Courier, 27 de novembro de 1926.
  25. Iain Cameron Williams, Underneath a Harlem Moon: The Harlem to Paris Years of Adelaide Hall, pp. 66–67. ISBN 0-8264-5893-9.
  26. [1]
  27. Review of Tan Town Topics.
  28. Howard Rye, "Southern Syncopated Orchestra: The Roster", Black Music Research Journal
  29. "Duke Ellington Orch, V=Adelaide Hall – Creole Love Call : Adelaide Hall : Free Downloade & Streaming : Internet Archive". Archive.org. 10 de marzo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  30. "Adelaide Hall talks about the Cotton Club and Duke Ellington – Video Dailymotion". Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  31. "Adelaide Hall, 92; Jazz Singer Performed With Duke Ellington". Los Angeles Times. 22 de maio de 2001. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  32. Lista
  33. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  34. ""Faces of the Harlem Renaissance – Bill 'Bojangles' Robinson", Drop Me Off in Harlem.". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  35. "Blackbirds of 1928 Shuffle Along (1921)", Masterworks Broadway.
  36. [2]
  37. "Blackbirds of 1928 celebrates one year run on Broadway", The Afro-American, 18 de maio de 1929. Con acceso o 14 de setembro de 2014.
  38. 39,0 39,1 Liberty Theatre.
  39. Judith Miller, Art Deco, Dorling Kindersley, 2005, ISBN 1405307544: lithograph by Paul Colin featuring Adelaide Hall and used as a poster to advertise Blackbirds at the Moulin Rouge, p. 215 (con acceso o 14 de setembro de 2014).
  40. Woman's Hour Music Archive xaneiro de 2003.
  41. Jean Delaurier 1929 lithograph Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. of Blackbirds at the Moulin Rouge performing "Porgy",
  42. "Adelaide Hall Takes Place of 'Jo' Baker", The Afro-American, 3 de agosto de 1929.
  43. Theophilus Lewis, "THE DANCE THAT DAZED MOTHER – "DIGA DIGA DO"--AS DANCED BY ADELAIDE HALL—CREATES SENSATION. "STOP IT!" CRIES MAMA. "ON WITH THE DANCE" BROADWAY DEMANDS"[Ligazón morta], The Pittsburgh Courier, 10 de novembro de 1928.
  44. [3]
  45. "White Press Acclaims Adelaide Hall As Packed House Gives Her Great Ovation"[Ligazón morta], The Pittsburgh Courier, 22 de febreiro de 1930.
  46. https://books.google.co.uk/books?id=DVsKAgAAQBAJ&pg=PA524&lpg=PA524&dq=palace+theatre+new+york+adelaide+hall&source=bl&ots=0g9xVMEZH_&sig=JxMyVbtf7kXk7nXBCUPUEmGGUDQ&hl=en&sa=X&ei=P3iRVIj0MbCN7AbyzYHYDw&ved=0CD4Q6AEwBA#v=onepage&q=palace%20theatre%20new%20york%20adelaide%20hall&f=false
  47. Bernard L. Peterson, Brown Buddies article in A Century of Musicals in Black and White: An Encyclopedia of Musical Stage Works by, about or Involving African Americans, Westport, CT: Greenwood Publishing, 1993, pp. 59–60.
  48. "Dancing in 'Brown Buddies'", The Afro-American, 27 de setembro de 1930.
  49. Brown Buddies playbill, Playbill Vault.
  50. [4]
  51. [5], PBS.
  52. "Art Tatum: non Greater Art Talkin' Tatum with Hank Jones, Billy Taylor, Dick Hyman, Adam Makowicz", JazzTimes, xaneiro/febreiro 1998.
  53. "More Than a Handful – The Incomparable Art Tatum" Arquivado 05 de maio de 2014 en Wayback Machine., 17 de xullo de 2011.
  54. Art Tatum biography, African American Registry.
  55. "Adelaide Hall And Meeres & Meeres Off For London"[Ligazón morta], The Pittsburgh Courier, 30 de novembro de 1935.
  56. "Performer Adelaide Hall and her husband/manager, Bert Hicks, owned a nightclub in Montmartre called a Grosse Pomme...", Midnight in Paris.
  57. "Django's Haunts" Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine., Paul Vernon Chester.
  58. http://translate.google.co.uk/translate?hl=en&sl=da&u=http://www.danskefilm.dk/skuespiller/10555.html&prev=search
  59. Allardyce Barnett.
  60. "Adelaide Hall shows Paris Canned Apple", The Afro-American, 25 de decembro de 1937.
  61. "Adelaide Hall introduced Truckin' to Paris", Baltimore Afro-American, 6 de novembro de 1993.
  62. Adelaide Hall and Willie Lewis and his Entertainers recording of "Say You're Mine", AllMusic.
  63. a orquesta de Kai Ewans con Adelaide Hall cantando "Where or When".
  64. Douglass Hall, "Why I Moved to London, How America's Peculiar Brand of Democracy Forced a Brooklyn Girl to Live in Europe", Baltimore Afro-American, 9 de xullo de 1946
  65. 67,0 67,1 "Hall, Adelaide (1901–1993), Actor, Singer", BFI ScreenOnline.
  66. Broadcast To America.
  67. PROGRAMME FOR THE FORCES HOME SERVICE.
  68. the V&A in their collection.
  69. (Baltimore Afro-American, 13 de novembro de 1993, p. B7)
  70. Prestige Records Discography: 1933–1948.
  71. From Mae to Madonna: Women Entertainers in Twentieth-century America, p. 38. ISBN 9780813191997.
  72. David Hinkley, "Scat-Singing Pioneer Adelaide Hall Never Really Went Out Of Style”, New York Daily News
  73. "When Adelaide Hall Went to War"
  74. "Home Front – Songs From World War II".
  75. "Music from The Old Florida Club".
  76. "Adelaide Hall (1901–1993)", IMDb.
  77. "Thief of Bagdad, The (1940)", Cast and credits, BFI Screenonline.
  78. ""The Thief of Bagdade (1940) movie download", Gesualdo.". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  79. [6]
  80. WW2 People's War, BBC.
  81. [7]
  82. "British Programmes"
  83. "The Royal Variety Performance". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  84. [8]
  85. "Capital Spotlight", Baltimore Afro-American, 14 de outubro de 1952
  86. Caricatura de Adelaide Hall en Love From Judy, V&A Collection Archive.
  87. Love From Judy – The Guide to Musical Theatre.
  88. 91,0 91,1 91,2 Glenn Collins, "Adelaide Hall, 92, International Star of Cabaret", The New York Times, 10 de novembro de 1993.
  89. "Lena Horne and Jamaica in Philly world premiere", Washington Afro-American, 3 de setembro de 1957
  90. TV pop diaries.
  91. "Looks Familiar". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  92. "What Is Jazz?". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  93. "It Don't Mean a Thing credits". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  94. "Parkinson: 300 credits". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2009. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  95. "The Sacred Music of Duke Ellington credits, BFI.". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  96. The Sacred Music of Duke Ellington concert at St. Paul's Cathedral, London, 1982: Library of Congress details for the event.
  97. A Century of Musicals in Black and White: An Encyclopedia of Musical Stage, pp. 40–41 – Black Broadway cast details, etc.
  98. Listing for Michael's Pub, New York magazine, 2 de xuño de 1980.
  99. Thomas P. Hustade, Born to Play: The Ruby Braff Discography and Directory of Performances (Studies in Jazz), Scarecrow Press, 3 de maio de 2012. ISBN 0810882647.
  100. Ruth Gilbert, "In and Around Town Adelaide Hall at the Cookery", New York magazine.
  101. The Cotton Club comes to the Ritz video (con acceso o 6 de setembro de 2014).
  102. Library of Congress data (con acceso o 6 de setembro de 2014)
  103. The South Bank Show
  104. Fotografía de Adelaide Hall Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine. no Barbican, xullo de 1986.
  105. Wilson, John S. (14 de outubro de 1988). "Review/Music; Adelaide Hall Opens Weill Cabaret Bill". The New York Times. 
  106. [9], The Spectator, 10 de decembro de 1988
  107. "Adelaide Hall, jazz singer", Desert Island Discs
  108. "Adelaide Hall, jazz singer", Desert Island Discs
  109. "Royal Ellington (1989)" Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine., concert at the Royal Festival Hall
  110. ""Jazz on a Summer's Night: Sophisticated Lady (1990)"". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2021. 
  111. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2014. 
  112. "Adelaide Hall ... the real first Lady of Jazz".
  113. "Died, Adelaide Hall" Arquivado 13 de maio de 2015 en Wayback Machine., Time, Inc., 22 de novembro de 1993.
  114. Tumba de Adelaide Hall
  115. "On This Day in History" Arquivado 04 de maio de 2014 en Wayback Machine., Brooklyn Eagle.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]