Adela Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adela Figueroa
Nome completoAdela Figueroa Panisse
Nacemento6 de decembro de 1948
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta, escritora, bióloga, activista e profesora de ensino secundario
PaiAntón Figueroa Mosteiro
Fillostres
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
EstudosCiencias Biolóxicas
Na rede
AELG: 450 Dialnet: 799479
editar datos en Wikidata ]

Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.[2]

Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nunca Máis en Lugo, así como presidenta de ADEGA (2005-2010), das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (sita en Ramil, Agolada). Participou nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Foi vogal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos e colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento.[3]

Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.

É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.[4]

En 2021 publicou As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, da que di Claudio Rodríguez Fer[5]:

é unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.

Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato da editorial ECIR.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: Isabel Vilalba, Adela Figueroa, Dora Cabaleiro e Elena Ferro na mesa redonda 'activismos pola sustentabilidade', mantida o 30 de novembro de 2018 na Casa das Letras en Ribadeo, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas de poesía
  • Xistral (desde 2004)
  • Poesias Escolhidas. Vozes De Um Alma (vol I) e O Melhor de Mim (vol. 2) (2014) Brasil.
  • Abraço Poetico, Cabo Verde-Galiza, 2015
  • Sementes da Lingua, Angola-Galiza, 2016
  • Literarte, Lugo, 2015
  • Mesturas, Lugo 2015
  • Elas São de Marte Coletánea Galaico Brasileira de poesia erótica femenina (Poesias Escolhidas).
  • Abraço Poético. Coletánea Luso Galaica de Poesia.
  • Poetas da Raia. Coletánea de poesia Hispano Lusa
  • Homenagem a Rosalia. 150 Cantares para Rosalia. Obra colectiva en edición dixital.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O Rei da Floresta (2011). Sada: Ediciós do Castro. Ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez. Prólogo de Anxo Moure. O Apalpador é a figura principal desta colectánea de historias que o Tío Nicandro vai relatando a Martiño, un meniño das montañas do Courel.
  • O mistério da escada interior (2012) Sada: Ediciós do Castro. Teatro Infanto-Juvenil. 78 páxs. ISBN 978-84-8485-308-4.
  • Cloe a Amiguinha das Flores. Conto Cantado. (2017). Texto da autora. Música de Xaquin Facal. Deseños de Celsa Sánchez. Edición dos autores.[13]

Outras obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de teatro Infantil "O Facho" 2018 coa obra Pingas (o ciclo da auga para rapaces)[15]
  • Prémio de Poesia 2019 Rosa de Cem Folhas. Santiago.
  • Prémio de Poesia Letras Galegas 2020, El Progreso de Lugo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adela Clorinda Figueroa Panisse Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-07-11. 
  2. "Ficha do autor". bvg.udc. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  3. "Adela Figueroa". www.aelg.gal. Consultado o 2021-07-11. 
  4. "Edicións Laiovento - Adela Figueroa Panisse". laiovento.gal. Consultado o 2021-07-11. 
  5. "Edicións Laiovento - AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA". laiovento.gal. Consultado o 2021-07-11. 
  6. "Adela Figueroa Panisse, nova presidenta de ADEGA". adega.gal. Consultado o 2021-07-11. 
  7. "Vento de amor ao mar Ediciós do Castro LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-11. 
  8. "Xanela aberta Ediciós do Castro LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-11. 
  9. asociacionescritoras-es. "Lugo: lanzamento de Memória de Pés Sem Sombra, de Adela Figueroa Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-07-11. 
  10. "As “mulleres-árbore” protagonizan o novo libro de Adela Figueroa". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2011-08-22. Consultado o 2021-07-11. 
  11. Maseda, Pilar (outubro, novembro, decembro, 2021). "As nosas na terra silenciada". Grial LIX (232): 96–97. ISSN 0017-4181. 
  12. "A quadratura do círculo". meduliaeditorial. Consultado o 04 de xuño de 2023. 
  13. "Cloe Amiguinha Das Flores". calameo.com. Consultado o 2021-07-11. 
  14. Libro electrónico
  15. "Adela Figueroa gaña o Concurso de Teatro Infantil da A. C. O Facho Erregueté". Consultado o 2021-07-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]