Ada Neretniece

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ada Neretniece
Información persoal
Nacionalidade Letonia Letonia
Data de nacemento 2 de xuño de 1924
Lugar de nacemento Leningrado
Data de falecemento 29 de decembro de 2008 (84 anos)
Lugar de falecemento Riga, Letonia
Filmografía
Películas dirixidas 25
Películas guionizadas 25
Películas producidas 0
Premios Festival de Kiev(1959), The Great Kristaps (1988)

Ficha en IMDb

Ada Neretniece, nada en Leningrado en 1924 e finada en Riga en 2008, foi unha directora de cine letoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ada Neretniece, nome de nacemento de Armidne Neretniece, foi a filla dun comisario militar letón, antigo soldado de infantaría lixeira durante a Primeira Guerra Mundial, tralo que se adicou a diversas posicións administrativas até que en 1937 foi represaliado polo réxime soviético e deportado a Siberia. A nai de Ada traballou como contábel. Durante o comezo da Gran Guerra Patria Ada Neretniece traballou no Hospital militar de Kirov. En 1942 gradúase na Escola Secundaria de Leningrado No. 24. En 1949 pola Facultade de Cine e Televisión na especialización en Dirección dentro do Instituto dos Estados da Unión para a Cinematografía. Durante ese período recibe clase de Sergei Guerassimov e Tamara Makarova. É a partir de 1949 cando comeza a traballar no Riga Film Studio, até 1954 traballa como directora de curtametraxes de ficción e documentais. Foi en 1957 cando estrea a súa primeira longrametraxe, "Rita". A película resulta premiada no Festival de Kiev no ano 1959.

A súa gran variedade de filmes explora, entre outros, desde os ocultamentos de perseguidos polo nazis, investigacións de asasinatos, dramas ou aventuras de supervivencia na tundra.

Ocasionalmente actuou nas súas propias longrametraxes.

Ada Neretniece foi soterrada no Cemiterio da Fraga de Riga.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes de ficción[editar | editar a fonte]

  • 1957 — "Rita"
  • 1958 — "Svešiniece ciemā"
  • 1960 — "Tava laime"
  • 1961 — "Pieviltie"
  • 1963 — "Viņš dzīvs"
  • 1965 — "Hipokrāta zvērests"
  • 1966 — "Ciklons" sāksies naktī"
  • 1968 — "Ilgās dienas rīts"
  • 1970 — "Vārnu ielas republika"
  • 1972 — "Kapteinis Džeks"
  • 1974 — "Pirmā vasara"
  • 1976 — "Nāve zem buras"
  • 1978 — "Lielā Jaungada nakts"
  • 1981 — "Izmeklēšanā noskaidrots"
  • 1984 — "Pēdējā vizīte"
  • 1985 — "Pēdējā indulgence"
  • 1988 — "Zīlēšana uz jēra lāpstiņas"
  • 1991 — "Suns, kas mācēja dziedāt"
  • 1992 — "De Granšānu ģimenes noslēpumi"

Documentais[editar | editar a fonte]

  • 1964 — "Pārliecinoši fakti"
  • 1969 — "Esiet sveicināti Latvijā!"

Longametraxes de encargo[editar | editar a fonte]

  • 1963 — "Izniekotā jaunība"
  • 1963 — "Viņi ir jūsu draugi"
  • 1969 — "Latvijas PSR. Centrālais ekonomiskais rajons"

Segunda dirección[editar | editar a fonte]

  • 1955 — "Uz jauno krastu"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  1. Ada Neretniece(en letón)