Acuagliceroporina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acuagliceroporinas»)

As acuagliceroporinas son un subconxunto de proteínas dentro da familia das acuaporinas, que serven como canles para conducir auga, glicerol e outros pequenos solutos non cargados. Son as únicas proteínas de mamíferos que poden permear o glicerol a través da membrana plasmática.[1] As acuagliceroporinas encóntranse en moitas especies de bacterias, plantas e mamíferos como os humanos. Como son omnipresentes son moi importantes na agricultura e medicina. Foron identifiacadas como posible fonte de contaminación por metaloides en agricultura, xa que poden conducir As(III) e Sb(III) en lévedos e poderían ser unha fonte de metaloides que entrasen nos alimentos que toman os seres humanos.[2]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

A acuaporina 7 foi estudada no tecido adiposo porque é a maior fonte de glicerol circulante no metabolismo de mamíferos. A desregulación da acuaporina 7 foi asociada coa obesidade en humanos e coa regulación do metabolismo de adipocitos. [1]

A acuaporina 9 é unha importante canle de glicerol en eritrocitos de ratos que contribúe aos estadios intraeritrocitarios da infección polo parasito da malaria e a disfunción desta proteína incrementa a supervivencia en estudos clínicos en ratos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Madeira, Ana; Moura, Teresa F.; Soveral, Graça (2015-02-01). "Aquaglyceroporins: implications in adipose biology and obesity". Cellular and Molecular Life Sciences (en inglés) 72 (4): 759–771. ISSN 1420-682X. PMID 25359234. doi:10.1007/s00018-014-1773-2. 
  2. Bhattacharjee, Hiranmoy; Mukhopadhyay, Rita; Thiyagarajan, Saravanamuthu; Rosen, Barry P. (2008-09-01). "Aquaglyceroporins: ancient channels for metalloids". Journal of Biology (en inglés) 7 (9): 33. ISSN 1475-4924. PMC 2776386. PMID 19014407. doi:10.1186/jbiol91. 
  3. Liu, Yangjian; Promeneur, Dominique; Rojek, Aleksandra; Kumar, Nirbhay; Frøkiær, Jørgen; Nielsen, Søren; King, Landon S.; Agre, Peter; Carbrey, Jennifer M. (2007-07-24). "Aquaporin 9 is the major pathway for glycerol uptake by mouse erythrocytes, with implications for malarial virulence". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 104 (30): 12560–12564. Bibcode:2007PNAS..10412560L. ISSN 0027-8424. PMC 1941508. PMID 17636116. doi:10.1073/pnas.0705313104. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.