Actor de dobraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Actriz de dobraxe»)

Un actor de dobraxe é un actor de voz que substitúe os diálogos orixinais de calquera produción audiovisual por outros realizados, a posterior, nun estudio de gravación.

Finalidades[editar | editar a fonte]

A dobraxe pode efectuarse con diferentes finalidades:

  • Produto televisivo ou cinematográfico estranxeiro que se decide dobrar ó idioma do país comprador para a súa difusión. Este é o motivo máis común para realizar unha dobraxe.
  • Actor que aparece en anuncio de televisión con falta de fonoxenia ou calquera motivo semellante.
  • Gravación defectuosa da banda de son en filmes ou series.

En tódolos casos nos que exista unha dobraxe, os actores encargados de o realizar deben tratar de axustar a súa interpretación ó orixinal.